WIND RIVER (2017) de Taylor Sheridan.

Mandingo. Cinéfago voraz e compulsivo cunha clara mellora nas súas relacións sociais. Unánimente recoñecido “polo tipo que ninguén quere escoitar falando de cine”, criouse sen avoa. Se vostede atopa con él, protexa o seu peto ou saia correndo.

A comenzos do pasado xaneiro disfrutei dunha das mellores películas do presente ano. O seu título Hell or high water (2016) dirixida moi acertadamente por David Mackenzie, e na que sobresae o guión de Taylor Sheridan, un texto que grita ó ceo as miserias dunha sociedade politraumatizada polas políticas económicas da “aldea global”. Un traballo de quirúrxica precisión e cun desenrolo de persoaxes de primeiro nivel. Dende ise intre, gravei o nome do escritor na miña memoria á espera de visionar novos traballos escritos por él.

Como fixeron no seu momento guionistas coma  Billy Wilder ou Woody Allen, (que non gustan de ver cómo o seu traballo é modificado polos produtores ou cineastas de turno), pasa a dirixir o seu propio escrito aínda que non creo que sexa este o motivo. Penso máis ben que é un proxecto moi persoal polas palabras que ten devandito sobre ó contexto no que viven as nativos americanos nos EE.UU. É esa “Lei do Silencio” que vai presente aínda hoxe en día, en temas tan sensibles como as mulleres desaparecidas nas “nacións indias”.

É Sheridan un poderoso narrador capaz de ofrecer un profundo estudo da psique dos persoaxes dos que fala. Seres complexos, con infinitas capas ocultas á simple vista e con segredos que pesan coma lápidas de mármore. Do seu enxeño ben que o aproveitou Denis Villeneuve para Sicario (2015) outro acerto fílmico cun reparto técnico que maiormente repite para esta produción e outras con marcado carácter “independente”.

Teño a impresión que na “terra do libre e o fogar do valente” está a haber unha revolución cultural, dentro do Cinema, nos últimos anos. Como xa ocorrera na década dos setenta, observo que hai unha interconexión de artistas e profesionais do medio que involúcranse en proxectos cunha maior inquedanza argumental. A sobreexposición de filmes vácuos en forma de superheroes, remakes de ton naiff, patochadas de mentes cativas, está levando a unha xeración de novos valores a apostar por outro tipo de cine. Non pode ser (e non o é), que sexa casualidade. Vexo moitos nomes que repiten nos créditos en filmes deste ”Novo Cinema Estadounidense”?.

Sempre fíxose moi bo cine nos EE.UU. A cuestión é que ás canles de distribución ata hai ben pouco, comercializaban títulos de consumo inmediato ou de elevadísimos orzamentos amparadas pola “Teoría do Millón de Moscas” (entre outras cuestións, por que trátase dun tema máis complexo e que precisa dunha reflexión máis profunda e que non toca hoxe abordar nesta crónica) e penalizaban outros que non estaban chamados a converterse en “blockbuster”. O Cinema, non entende de nacionalidades, e ó marxe de gustos, ou é bo ou non. Non existen as “españoladas” ou “americanadas” coma xénero cinematográfico. Só o gusto polo traballo ben feito, por tratar con respeto os profesionais da industria, (por que non ó esquezamos, é un Arte, sí; pero tamén un negocio) e por darlle alimento a materia gris dos nosos cerebros.

Wind River é unha xeada e inhóspita reserva india no medio de ningures (exteriores rodados en Wyoming e Utah) onde Cristo lanzou Ós Tres Berros e na que a  xente sobrevive ou simplemente deixase vencer polo deserto branco. Os lobos, os de verdade e os que non o semellan, van ós venados máis febles e se non estás en garda, pouco vas durar. Pero non estás só. Na vila hai un cazador de alimañas Cory Lambert (Jeremy Renner), que intenta manter co seu traballo unha certa sensación de seguridade.

O visionado deste título, na súa estética, remíteme a filmes coma a notable Frozen river (2008) de Courtney Hunt ou da excepcional Winter´s bone (2010) de Debra Glanick, un dos mellores filmes dese ano. Nos tres casos, os directores asinan tamén os guións. Son obras dunha crudeza sen paliativos. Dunha marxinalidade que rechina nos corazóns e que deixa case sen folgos os que ás ven. Removen conciencias, golpean con forza a butaca na que sentas e conmoven ata o tuétano dos tipos máis duros.

Resalto nesa imaxinería a labor de Ben Richardson no tocante a foto. Descoñecía a calidade profesional de este novo cineasta, pero seguireino con interese. Filma un dixital con un bo gusto polos grandes angulares, para resaltar a maxestuosidade do entorno (influencia de mestres coma Emmanuel Lubezki ou Robert Richardson), pero non trémelle o pulso a hora de meterse, cámara en man, en labirintos lúgubres e angostos e iluminalos con destreza.

 Axuda, a este brillante empaquetado a montaxe de Gary Roach (que traballara no 2013 con Denis Villeneuve en Prisoners) e que é un habitual das últimas producións de Clint Eastwood. Non teño dúbida do traballo parello na edición xunto con Sheridan. Ó acerto da cadencia nos cortes e acoples vai, en grande medida, da man do acertadísimo uso do tempo narrativo a hora de contala historia. Brillante. Sorprendente. Inesperado. Dende que obvio a duración dos metraxes dos filmes, previo visonado, ás disfruto con moita maior curiosidade e recomendo, estimado lector, que vostede faga o mesmo.

Non deixo de ver notas pedais comúns a outros filmes aínda que sexa de forma subconsciente, non premeditada. Pero ó certo é que non é de estranar. A música composta para este filme a asinan, ese espírito atormentado que é Nick Cave –autor do guión da moi estimable Lawless (2012)– e Warren Ellis que compuso as bandas sonoras desta última ou da demoledora The Road (2009). E, xa postos, compoñen tamén  a de Hell or high water; con resultados miméticos, acordes os espazos e as situación esixidas polas tramas. Encaixan a perfección e dan o lustre adecuado para cada preciso momento. Loable.

Estreada no Estado ó pasado 6 de outubro no Festival Internacional de Cine de Sitges, esta produción de Braden Aftergood (que xa fixera a do derradeiro traballo de David Mackenzie) e tutelada pola compañía dos irmáns Weinstein deixa un grande pouso de sabor. Non chega ó nivel de Hell or high waterMackenzie é mellor filmador-, pero con razón merece tódolos recoñecementos recibidos polo momento.

Coido que non me colúmpio en exceso se poño a Sheridan na adega dos grandes reservas, que vislúmbranse para os vindeiros lustros provintes do país americano. O mellor, dentro de medio século, estudaránse a estes artesáns coa devoción que hoxe en día procesamos ós Scorsese, Coppola, Friedkin, Bogdanovich e tantos outros que, parafraseando a Peter Biskind, “foron á xeración que cambiou Hollywood”.

Prestade atención ós diálogos dos personaxes ó final da película. Ó igual que nos seus anteriores guións, vai sentencia firme é recalca absoluta do que acabamos de ver. É xa “marca rexistrada” dun escritor chamado a cotas de grandeza nun futuro inmediato.

“Terás que ter paciencia co teu fillo. A dor é ainda moi nova para él. Non teñen a nosa experiencia”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies