займ срочно

Cinefórum “Fascismo e represión. Xustiza e reparación”

0

Ames, 2 de abril do 2019 – Os departamentos de Filosofía e Xeografía e Historia do IESP de Ames coordinan un cinefórum de catro sesións centrado no franquismo e a transición española baixo o título “Fascismo e represión. Xustiza e reparación”

Cada unha das sesións do Cinefórum constará do visionado dunha película referente a dito tema, e un posterior coloquio no que os participantes debaterán sobre o reflectido no correspondente filme. Esta iniciativa comeza este xoves, 4 de abril, coa proxección da película “Las trece rosas”, que terá lugar no Salón de Actos do centro ás 17.00 horas. O ciclo seguirá con “Siete días de enero” o xoves 11, “El caso Almería” o xoves 25, e o documental “El silencio de otros” o 2 de maio. A actividade é de participación aberta. Trala proxección realizarase un coloquio no que se debaterán os feitos plasmados nos filmes e os ecos que teñen na actualidade.

A actividade está englobada no proxecto internacional “En paradoiro descoñecido”, no que participan 20 IES de España e Francia. A través desta actividade búscase que os mozos e mozas reflexionen sobre temas como a forma en que se exerceu a represión e a violencia durante o franquismo e a transición, a maneira en que foron tratados os distintos feitos nesa época, e as repercusións que tiveron nas liberdades e dereitos das persoas. Mediante estas reflexións tentase fomentar un pensamento libre e rescatar da memoria ás vítimas que aínda seguen en paradoiro descoñecido.

A historia no cine

A película escollida para inaugurar este cinefórum, “Las 13 rosas”, relata os últimos días de vida destas 13 militantes das Xuventudes Socialistas Unificadas. Vítimas dunha persecución recrudecida tralo asasinato de Isaac Gabaldón, comandante da Garda Civil, foron fusiladas xunto a 43 homes o 5 de agosto de 1939, tras ser condenadas a morte baixo a acusación de adhesión á rebelión. A película gañou 4 Goyas na edición de 2007.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies