займ срочно

Cineuropa e a Real Filharmonía ofrécenos O Gabinete do Doutor Caligari con música en directo

0

Compostela, 13 de novembro do 2018 – No marco da 32ª edición do Festival  Cineuropa, este mércores proxectarase O gabinete do Doutor  Caligari de Robert  Wiene coa música en directo da Real Filharmonía de Galicia.

A cita co Doutor Caligari será ás 20:30 horas no Auditorio de Galicia. A batuta levaraa o director alemán experto en cinema mudo Helmut  Imig. Substituirá ao mestre Timothy  Brock   -autor ademais da música que tocará a orquestra-, debido a que, por razóns alleas á  RFG, cancelou a súa participación neste concerto.

A película alemá O gabinete do Doutor  Caligari (1919) relata a historia de dous amigos.  Francis anima ao seu compañeiro Alan para que vaian a  Holstenwall, unha cidade do norte de Alemaña, a ver o espectáculo ambulante do doutor  Caligari. Un empregado municipal que lle nega ao doutor o permiso para actuar, aparece asasinado ao día seguinte.  Francis e Alan visitan ao doutor  Caligari e a Cesar, o seu axudante  sonámbulo, que lle anuncia a Alan o seu porvir: vivirá ata o amencer.

O gabinete do Doutor  Caligari é considerado como o nacemento do cinema expresionista, pero tamén do xénero de terror. Pedra angular do movemento expresionista, reúne as características técnicas e estéticas do xénero, sendo unha das películas máis representativas da súa época pola intelixencia das súas ideas, pola fina liña que debuxa entre a tolemia e a cordura e polo seu desenvolvemento en íntimos espazos persoais.

A música que interpretará a  RFG nesta ocasión é do director e compositor estadounidense Timothy  Brock (1963), que realizou por encargo da  Filarmónica de Bruxelas para unha nova estrea da película en 1997. Restaurou as partituras de grandes obras mestras do cinema mudo, en particular as bandas sonoras de boa parte das películas de Charles Chaplin. Como compositor escribiu unha trinta de partituras orixinais para filmes mudos. 

Helmut  Imig, un recoñecido restaurador de partituras orixinais

O mestre Helmut  Imig, natural da cidade alemá de  Bonn, estudou Dirección e Piano na  Musikhochschule en Colonia. De maneira simultánea, estudou  Musicología na Universidade de  Bonn. Máis tarde consegue unha bolsa para continuar a súa formación en París. Despois de trinta anos de experiencia como director de orquestra, foise especializando en música de vangarda. E, desde fai vinte anos, traballa no campo da música para películas mudas. Restaurou partituras orixinais de diferentes compositores. Coas súas propias instrumentacións, realiza xiras por países de toda Europa, América e  Oceanía.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies