Mandigo revisa a retrospectiva revolucionaria de #cineuropa31

0

Finalizando á segunda semana de proxeccións de Cineuropa, destacamos á retrospectiva que fai o Festival compostelá con tres títulos de relevancia desigual coa perspectiva que dan ó correr dos anos.

Empezamos, por orde cronolóxica cunha das obras máis importantes que dou o Cinema dende ós seus comezos. Falamos  do BRONENOSETS POTEMKIN (1925) de Sergei Eisenstein. Pouco novo pódese escribir que xa non se dixera o longo dos noventa e dous anos de antigüidade que ten ó filme. Pero para ós anos que leva, consérvase exactamente igual de ben que o primeiro día que exhibiuse.

Supoño que a estas alturas do século XXI, os nosos lectores saberán de sobra o argumento do filme, pero por si este texto chega a algunha civilización alieníxena,  (se iso realmente ocorre, e están a ler estas liñas, por favor corran e veñan!. Sálvennos de nós mesmos!), faremos unha moi breve sinopse.

Baseada en feitos reais, conta a singladura do Potemkin, acorazado da mariña da Rusia dos zares e a revolta que fan os mariñeiros, fartos xa do maltrato dos seus oficiais. A pinga que desborda ó vaso e a comida podre e chea de vermes que danlle de comer á tropa. Coma simboloxía do que estaba a ocorrer nos primeiros anos en Rusia, a película narra os feitos da histórica errada e reprimida Revolución de 1905.

Poderosa na súa imaxinería -fotografía do grande Eduard Tisse, autor dos mellores fimes do cineasta ruso-, cunha virtuosidade na técnica que influíu a tantos cineastas, deslumbrante no ritmo (era intención de Eisenstein supeditalo montaxe o tempo narrativo e non tanto á trama argumental o que levoulle a moitas discrepancias coa guionista Nina Agadzhanova), apoteósica na súa edición (do propio Eisenstein e de Grigory Aleksandrov), considerada por moitos a mellor película xamais feita,(non é a opinión de Mandingo), pero en todo caso xoia imperecedoira e imprescindible para comprender os convulsos anos previos a Revolución Rusa de 1917, é que con moito atino o certame santiagués, na man do seu director Jose Luís Losa, rende homenaxe coa proxección en pantalla grande (un luxo, oiga) e cunha cartelería moi lograda de Iñaki Quenerapú.

Para o recordo quedan ás imaxes das escaleiras de Odessa, o carro do bebé que vai sen control, a nai berrando, as botas dos soldados… Tremenda. Única. Irrepetible.

Ó segundo filme que o Festival recupera na retrospectiva é o singular biopic do oficial do KGB Ivan Sanshin, (caracterizado polo actor Tom Hulce), proxeccionista particular de Stalin, que chega a ingresar nese círculo interno de poder que dirixira con man de ferro e guante de aceiro o inimigo persoal de Trotsky, e o que moi pouca xente tiña acceso. Falamos da notable THE INNER CIRCLE (1991) de Andrei Konchalovsky, que asina xunto a Anatoli Usov a adaptación das memorias do propio Sanshin.

A través da mirada de Hulce, totalmente sometido ante a presencia quasi divina do megalómano dictador soviético, Konchalovsky ofrece unha acertadísima e descarnada visión da Unión Soviética daquela época. Das “purgas siberianas” as que sometíanse todos aqueles que foran meramente considerados como “sospeitosos”. A pleitesía cega de Sanshin, a devoción sen reservas, o non querer ver o que estaba a ocorrer o seu arredor.  Á pregunta da súa dona Anastasia: “a quén queres máis, a min ou ó camarada Stalin?”. “O camarada Stalin, por suposto” responde sen rubor e duda; e esas miradas da cativa Katya…

Filme rodado cunha elegancia da sabia man do lonxevo Ennio Guarnieri, iluminador de logros visuais tan notables coma IL GIARDINO DEI FINZI CONTINI (1970) ou da felliniana GINGER & FRED (1986), e que para este traballo alardea da sua habilidade no propio Kremlim (eran os tempos da Perestroika e empezaba unha certa apertura e revisionismo dos erros do stalinismo), emprazamento de privilexio e que optimiza para a produción e o seu deseño da arte Gianni Giovagnoni, grande entre os seus pares, con títulos tan excepcionais na súa área de traballo coma THE LAST EMPEROR (1987) ou KINGDOM OF HEAVEN (2005).

Moi recomendable título, que invitamos ós nosos lectores a disfrutar a menor oportunidade posible, aínda que só sexa para regocixarse co traballo dise monstruo da interpretación que foi o actor Bob Hoskins.

Para rematar a retrospectiva, facemos repaso da ópera prima do surcoreano Jee-woon Kim CHOYONGHAN KAJOK do ano 1998. Un filme curioso, que mestura comedia con suspense e que foi dos primeiros en ter unha carreira comercial positiva fora do seu país de orixe. A importancia deste título non é tanto pola súa calidade (sen dúbida de menor nivel), senon máis ben por ser unha das responsables da orixe dise “Novo Cinema Surcoreano”.

Nos últimos vinte anos, vai unha auténtica eclosión de produción do país asiático, a maoiría delas dunha calidade moi superior a media do que acostumamos ver. Aínda que non é Kim, un cineasta que especialmente ilusióname (sigo opinando que a tan aplaudida I SAW THE DEVIL (2010) segue sendo un perfecto exemplo de cinema cunha violencia gratuíta), o cambio de políticas culturais e as axudas os xoves cineastas de por aquel entonces alumbrou ó mundo talentos coma o director Ki-duk Kim (dende os primeiros traballos do chinés Zhang Yimou, non vira un filmador con ise poderío visual e artístico -imprescindible o título SEOM (2000) para ir coñecendo a súa filmografía-) ou o cineasta Park Chan-wook (autor da fabulosa “Triloxía da Venganza”, en especial a obra mestra OLD BOY, a mellor película que vin no 2003), pasando polo máis recente Joon-ho Bong con traballos escritos da súa propia man, orixinais e potentes coma THE HOST (2006) SNOWPIERCER (2013) ou OKJA (2017).

Se queredes disfrutar dunha visión diferente ás acostumadas a ver na nosa zona xeográfica (a da Vella Europa), non dubidedes en iniciar unha viaxe chea de embruxo visual, violencia poética e iconografía única.

Non vos arrepentiredes. Merecerá moito á pena.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies