#cineuropa31:  homenaxe a Costa-Gavras, programación e a crítica de 120 battements par minute de Rober Campillo

0

Costa-Gavras

Compostela, 18 de novembro do 2017 –  Costa-Gavras recibire hoxe o Premio Cineuropa pola “capacidade que o seu cinema posúe para recolocarse unha e outra vez na máis ardente disidencia” e o seu incisivo labor de cronista dos grandes conflitos políticos e sociais do mundo occidental que concorda plenamente co leit-motiv desta edición.

Bárbara

A cita con Costa-Gavras será ás 19:30 h. no Teatro Principal. O acceso é gratuíto previa retirada de convite no despacho de billetes do mesmo Principal. Logo da entrega do premio, proxectarase Eden à L’ouest (Edén ao Oeste), filme premonitorio que o cineasta dirixiu en 2009 e que trata con moita sensibilidade ao tempo que con certas doses de humor o tema da inmigración. Esa mesma tarde, ás 16 h. no Salón Teatro, terá lugar a exhibición de Missing (Desaparecido), Palma de Ouro en Cannes e Oscar ao mellor guión en 1982.

Este sábado contaremos tamén cunha dobre sesión de Cineuropa Miúda. En pase matinal (ás 12 h. no Teatro Principal) proxectarase Unha bolsa de bólas, de Christian Duguay. Xa a primeira hora da tarde (ás 15:45 h.) exhibirase novamente O malvado raposo feroz, de Benjamin Renner, Patrick Imbert. Ambas as dúas películas pasaranse na súa versión dobrada.

Bárbara

Ao longo da xornada poderase asistir ás estreas de tres exemplos da estupenda saúde na que vive permanentemente o cinema francés: C’est la vie!, Visages, villages e Barbara. C’est la vie! significa o retorno en forma de comedia de enredo do tándem Olivier Nakache – Eric Toledano, autores da exitosa Intocable e de Samba, filme este que pasou por Cineuropa en 2014. Ás 17.45 h. o Salón Teatro acollerá a estrea de Visages, villages (Caras e lugares), o último documental que a Agnès Varda realizou xunto ao artista JR. Trátase dunha road movie que serve de pretexto para amosar a Francia profunda e desencantada, pero que conforma un atraente e coidadísimo canto á vida. De seguido, no mesmo Salón Teatro ás 20 h. poderemos asistir ao pase de Barbara, o novo filme dun dos actores e directores máis reivindicados neste festival: Mathieu Amalric. Amalric, que mereceu en Sevilla o Premio ao mellor director por esta película, preséntanos un biopic nada convencional dunha cantante a través da actriz que a interpreta. Na mesma sala, ás 21.45 h, pasarase por última vez Western (2017),  un exitoso filme de Valeska Grisebach protagonizado po personaxes obreiras que sofren e gozan con auténtica honestidade. Despídese tamén de Cineuropa 120 pulsacións por minuto, (Teatro Prrincipal, 22.15 h) que espertou gran interese entre o público do festival, acorde ao seu éxito en Cannes, onde acadou o gran premio do xurado e o FIPRESCI.
O cinema galego tamén terá unha importante presenza nesta tardiña. Xoan Escudero visitará os Multicines Compostela para presentar O tempo futuro, e cineastas como Beatriz del Monte ou Iria Silvosa farán o seu na sala NUMAX onde se pasará por vez primeira un máis que interesante programa de curtas galegas.

Ademais, ás 22 h. os Multicines Compostela acollerán o pase de Lola, de Jacques Demy, presentado pola colaboradora de Cineuropa Bárbara Santos, doutora en Historia da Arte e especialista na figura deste realizador.

 

PROGRAMACIÓN COMPLETA SÁBADO 18

  • 12:00 UN SAC DE BILLES / UNHA BOLSA DE BÓLAS Christian Duguay (Versión dobrada)

    15:45 LE GRAND MÉCHANT RENARD ET AUTRES CONTES / O MALVADO RAPOSO FEROZ Benjamin Renner, Patrick Imbert (Versión dobrada)

    17:15 C’EST LA VIE! Olivier Nakache, Eric Toledano

    19:30 CERIMONIA DE ENTREGA DO PREMIO CINEUROPA A COSTA-GAVRAS – EDEN À L’OUEST / EDÉN AO OESTE Costa-Gavras

    22:15 120 BATTEMENTS PAR MINUTE / 120 PULSACIÓNS POR MINUTO Robin Campillo

    00:45 LOIN DU VIETNAM Claude Lelouch, Agnès Varda, Jean-Luc Godard, Chris Marker, Alain Resnais, Joris Ivens, William Klein

  • 16:00 MISSING / DESAPARECIDO Costa-Gavras

    17:45 VISAGES, VILLAGES / CARAS E LUGARES Agnès Varda e JR

    20:00 BARBARA Mathieu Amalric

    21:45 WESTERN Valeska Grisebach

  • 18:00 MATRIA Álvaro Gago

    O TEMPO FUTURO Xoán Escudero

    20:00 THE BLACK PIN / O ALFINETE NEGRO Ivan Marinovic

    22:00 LOLA Jacques Demy (con presentación de Bárbara Santos)

  • 18:00 PROGRAMA CURTAS 2 AUDIOVISUAL GALEGO

    A RAPA DAS BESTAS Jaione Camborda Coll

    SIBILA Carla Andrade

    POIS ISO, QUE TE QUERO Beatriz del Monte

    CORTÁZAR GALICIA Juan de la Colina

    ATISBOS Iria Silvosa

    ÁRBORES Gonzalo E. Veloso

    ALGUNHAS NUBES FLOTAN LONXANAS Gonzalo E. Veloso

    MAMMA Gonzalo Cotelo

    19:15 CINEMA CUBANO NOVÍSIMO

    EL TECHO Patricia Ramos

    LA SINGULAR HISTORIA DE JUAN SIN NADA Ricardo Figueredo Oliva

    21:30 VONARSTRÆTI (LIFE IN A FISHBOWL) / A VIDA NUN ACUARIO Baldvin Zophoníasson

  • 12:00 COMANDANTE Oliver Stone

    17:00 ALLONSANFÀN Paolo Taviani, Vittorio Taviani

    19:00 CITIZEN RUTH / RUTH, UNHA MOZA SORPRENDENTE Alexander Payne

Mandingo fálanos de 120 battements par minute de Robin Campillo

Cun cine cheo a reventar, Cineuropa presenta unha das grandes triunfadoras no pasado Festival Internacional de Cine de Cannes, a francesa 120 BATTEMENTS PAR MINUTE (2017). Premio Fipresci e Grande Premio do Xurado para o seu director Robin Campillo, que asina tamén xunto a Philipe Mangot o guión.
O filme, fai un pormenorizado repaso do grupo de activistas Act Up que nos comezos da década dos 90 puso en xaque as autoridades políticas francesas pola deixadez con que afrontaban a crise do Sida e as escasas informacións que o goberno de Mitterrand daba os rapaces para evitalo contaxio. Non ven mal lembrar que por aquela época, moita xente pensaba que a enfermidade atacaba en exclusiva ó colectivo homosexual e os heroinómanos.
Mangot e Campillo escriben un poderoso texto, baseado nas súas experiencias como partícipes activos do movemento, unha rama provinte da súa árbore nai de Nova Iorque. Para concienciar a sociedade civil e abrilos ollos da opinión pública, non dubidan a hora de intensificar as súas accións, contra sectores que o seu modo de ver entorpecen ou ocultan progresos e información contra a loita ó Sida, coma as farmaceúticas ou a Igrexa.
Os integrantes de Act Up, reúnense cun marcado sesgo asambleario, para debatir propostas e acción cun invisible manexo da cámara, que lémbrame a ese cine político que fixera Godard para LA CHINOISE de 1967. Historicamente, o pobo francés ten a moi sana costume de esixir responsabilidades ós seus políticos e de botarse a rúa para loitar polos seus dereitos. Nese contexto enténdese ben a implicación total dos seus membros.
Campilo, que xa destacara coma guionista para o título de Laurent Cantet ENTRE LES MURS –La Clase- (2008), conta unha historia de enfermos que ven coma as súas vidas escúrrense entre os dedos. Carreiras contrareloxo que non van a ningunha meta visible. Vivos que non queren morrer ata que a enfermidade fai estragos neles e convértense en pouco máis que farrapos e ósos. Imaxes que non regalan alegría á vista, pero certamente necesarias para o drama que acontece, aínda que a fotografía da, xeralmente notable, Jeanne Lapoirie -LES ROSEAUX SAUVAGES (1994)- non axuda a resaltalas.
Pero para contar todo isto, bastáballe con moito menos metraxe. Pásalle a moitas producións francesas, que por querer contalo todo, abruman con situacións repetidas ou con secuencias onde recrean con excesiva duración ambentes que non aportan nada relevante á historia principal. Falo en concreto, a ises tres “videoclips” que sufrimos no cinema. Así como apraudimos ó primeiro, e o inxenio que ten o director para pasar dunha sala de baile ao microcosmos viral dende o microscopio, sobran os restantes. Voto en falla, máis lirismo na Praia de Capbreton e vexo en exceso austero a parte final. As esceas de multitude, simplemente, están mal rodadas e querendo facer un calco da excelente LA VIE D´ADELE (2013) de Kechiche o que consigue Campillo é un batiburrillo mareante que rompe coa armonía vista e filmada nas asambleas.
Filme de cento corenta minutos que faise longo (polo modo en que transcurre a trama) e por intres, aburrido. Moitas veces, menos é máis. E outras, moito e cansino. Tan só a mediados do filme, vemos quen asume o liderazgo da trama principal e no meu modesto entender nin o actor Nauel Pérez nin ó seu personaxe, Sean, están á altura da idea que queren transmitir Campillo e Mangot.
E con todo, vai en cabeza do voto do público, asi que mellor non me fagades moito caso, e ide a vela esta mesma noite, no Teatro Principal ás 22:15h e logo xa contarédesme se estou no erro máis absoluto (coma probablemente vai ser) ou non.
Seguimos de cinema; seguimos por Cineuropa.

120 battements par minute

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial