#cineuropa31, programación da xornada é as recomendacións de Mandingo

0

Compostela engalánase coa celebración da 31 edición de Cineuropa, Festival de referencia na nosa cidade e no que Mandingo campa polas súas anchas coma pito sen cachola. Do seu errado criterio van as dúas primeiras crónicas das moitas que ameaza con mandar.

MI FRIEND DAHMER (2017) de Marc Meyers.
Jeffrey Dahmer foi un asasino en serie estadounidense responsable da morte de dezasete homes e rapaces, entre finais da década dos setenta e principios dos noventa. Ó filme está baseado na “novela gráfica” (ó cómic, vamos) que fixera un compañeiro de instituto do propio Dahmer, o debuxante e guionista Derf Backderf.
Coñecedor do cómic, quixen de primeira mano ver cómo traducían en imaxes a banda deseñada. Aínda que o título ten unha acentuada impronta “indie”, afástase na estética de trazo escuro do cómic (non chega ó nivel de Robert Crumb, pero vai por ahí). En principio doullo por bo. O traballo de Backderf non ten por que ser necesariamente o propio story board, aínda que na planificación de montaxe vai unha influencia evidente. Vexo un acerto eliminar no filme, tódalas explicacións que dan ó lector sobre a singularidade de Dahler no libro.
Pero a película non aporta nada novo a ese subxénero de”tralladiños que miranche de reollo e por riba das súas gafas, mentres sosteñen unha moneca sen ollos”. De feito durante a proxección decatámonos das oportunidades perdidas para intensificar á carga dramática e máis vendo ós derradeiros minutos onde Meyers demostra unha pericia para facer que apertemos os nosos puños contra ós reposabrazos da butaca, que peguemos as nosas costas ó respaldo do asento e que apretemos ós dentes ante o impacto que intuímos vai acontecer. Pero para chegar a iso, antes temos 95 minutos de imaxes que trasladan o ELEPHANT (2003) de Gus Van Sant, máis académicas, pero nese ton de cine blandurrio e anémico. Non aburre, pero estás en todo intre pensando “vale, xusto agora vai empezalo bo”. Pero non. Non da chegado. Máis que un “quero, pero non podo” é máis un “claro que podería, pero non quero”.
A historia céntrase no ano e medio previo a que Dahler empece a súa carreira de asasino. Rapaz introvertido, cunha querencia por recoller animais mortos, destripalos e disolvelos en ácido. Carne de freak de instituto, con tódalas papeletas para saír post mortem nalgún documental de Michael Moore. É un título dun único visionado no que nada está mal feito, pero no que tampouco destaca nada en particular, a excepción do notable deseño de vestiario de Carla Shivener -responsable tamén para a moi recomendable MILES AHEAD (2015) de Don Cheadle-.
A pica na Flandes que puxo no 1986 John McNaughton co seu HENRY, PORTRAIT OF A SERIAL KILLER, vai ahí; intocable e inigualable.

L´AMANT D´UN JOUR (2017) de Philippe Garrel.
Estreada no pasado Festival de Cannes, na sección da Quincena dos Realizadores acadou, con moito mérito, ó premio SACD ó mellor filme francófono (ex aequo) no certame francés. Un auténtico pracer para a vista e os oídos o traballo do xa septuaxenario Garrel. Un dos máis singulares filmadores do seu país, prolífico director -34 traballos con iste-, de pouca sona comercial no noso país (moitos dos nosos lectores o lembrarán polo título SAUVAGE INNOCENCE do 2001), pero cunha envexable traxectoria onde prima a calidade do produto.
Cunha sentida homenaxe a toda unha xeración curtida na Nouvelle Vague, logra un acertado plantexamento visual polo bo facer na fotografía dun artesán da luz coma é Renato Berta; acolledora, liviana e tépeda, cunha apoloxía de facianas en primeiros planos, de seres quietos, conxelados no tempo, que retrotráenme (salvando ás distancias cualitativas) ó PERSONA (1966) de Bergman; e que está encaixada con moito acerto neses cortes de François Gédigier tan escuetos, cáusticos sen transición, tan alonxados doutros traballos seus coma DANCER IN THE DARK (2000)de Lars Von Trier ou ese proxecto truncado de Walter Salles que foi ON THE ROAD (2012). Imaxino que o Godard máis formal, batería ás palmas de pracer ante o resultado final.

A primeira parte do filme, lémbrame a unha versión actualizada do ANNIE HALL (1977) de Woody Allen. Coido co cineasta neoiorquino sorriría cunha certa complicidade ante as situacións vividas ó principio da historia por parte de Gilles (Éric Caravaca), mestre de Filosofía na Universidade, co seu andar pausado, coa su chaqueta de lana e os seus pantalóns de pinzas e esa mirada de estar xa de volta de todo. No seu día a día irrompen Ariane (Louise Chevillotte), alumna súa e pouco despois Jeanne (Esther Garrel), filla que volta o niño paternal tras un mal de amores.
Unha historia cotiá de individuos con nomes, sen apelidos. De proximidade. Cercana a nós. De feito, somos tamén partícipes das desventuras que vemos. “Lémbrasme a min cando era novo. Eu tamén fíxenlle dano a xente que non o merecía”, espétalle Gilles a súa moza. E é que e moi destacable ó traballo do guión e dos diálogos. Inconmensurable labor de Jean-Claude Carrrière, autor de máis de 140 escritos para a Sétima Arte e colaborador dos mellores cineastas que deu Francia nos derradeiros cincuenta anos. Da súa pluma, van traballos coma ó CYRANO (1990) de Rappeneau, a BELLE DE JOUR (1967) de Buñuel ou a complexa e brilante adaptación do texto de Kundera para a THE UNBEARABLE LIGHTNESS OF BEING (1998) de Kaufman. De poñerse de pé e quítalo chapeu. O guionista recrea, xunto a Caroline Dervas e o propio cineasta, uns universos femininos orixinais, únicos, inabarcables, fascinantes, telúricos, complexos, laberínticos…
Unha loa a esa intelixencia emocional tan poderosa das mulleres. Unha auténtica conxunción de ollos de furacán e, no medio, Gilles.
No Teatro Principal, por intres contíñase ó alento. Non se parpadeaba ante ás imaxes. Fomos testemuñas dunha versión reducida e máis modesta dise prodixio cinematográfico que é LA VIE D´ADELE (2013) de Kechiche. Non refírome tanto ó eixo argumental senón máis ben ó espírito, da maneira en que se conta, con isa narradora invisible que lévame a “voz en off” do ALPHAVILLE (1965) de Godard, pero cunha inxesta e dixestión moito mellor.Breve, pero intensa historia, (perfumada coa música nimia do piano de Jean-Louis Aubert) na vida de tres personaxes que ben puideran ser vostede mesmo, sufrido lector, ou a súa veciña, esa tan cercana e tan lonxana ó mesmo tempo.
Dende THE STATION AGENT (2003) de Tom McCarthy, non disfrutara dunha película que permítenos asomala cabeza pola fiestra dos corazóns dos protagonistas e compartir as súas vivencias por un breve tempo. E logo, marcharnos discretamente sen facer ruido e deixalos, sen que se decaten, coa su vida e ao seu ritmo.
Qué difícil é facer unha película tan sinxela.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies