займ срочно

Circo e danza esta fin de semana no Teatro Principal

0

Compostela, 30 de novembro do 2018 – O circo e a danza centrarán a programación desta fin de semana no Salón Teatro de Santiago co espectáculo Futuro animal, da compañía Twisting the Balance, e o solo coreográfico Toda a beleza do mundo, de María Move.

O primeiro deles poderá verse no espazo do Centro Dramático Galego (CDG) hoxe  venres 30, ás 20,30 h., no marco da terceira edición do encontro de formación e innovación no circo D10!, organizado en Compostela por Pistacatro. O CDG, que tamén colaborou no desenvolvemento do taller O actor de circo, por un adestramento creativo, impartido polo italiano Roberto Magro a pasada semana na Cidade da Cultura de Galicia, acolle agora na súa sede a última proposta da compañía internacional Twisting the Balance.

En Futuro animal, a idea de fábula como xénero de ficción serve de punto de partida para construír un “(auto)retrato” das características universais da natureza humana, cos seus vicios e os seus costumes. Así, a potencia social, discursiva e poética do circo contemporáneo ponse ao servizo dunha visión distópica do futuro, no que os seres humanos están transformando voluntariamente os seus corpos nos de animais.

Os performers Leire Mesa e Edoardo María Virtú son os encargados de poñer en escena os diferentes números circenses desde espectáculo, con dirección e dramaturxia de Rolando San Martín, que chega a Santiago despois de ser representado en diferentes escenarios do resto de España, Suecia e Croacia.

Coreografía e voz

A continuación, a creadora leonesa afincada en Galicia María Move subirá ao escenario do Salón Teatro co seu solo de danza e voz Toda a beleza do mundo, do que ofrecerá funcións o sábado 1 de decembro, ás 20,30 h., e o domingo 2, ás 18,00 h.

Nesta proposta, o movemento expresa emocións puras e a danza amósase como un proceso ligado á nosa orixe e ao noso percorrido biográfico, mentres o son, a luz e o corpo viaxan a través do tempo. Neste sentido, ofréceselle ao público un percorrido que mestura as danzas tradicionais e os ritmos do corpo percutindo a terra coa danza contemporánea, a voz e o canto da intérprete.

A venda anticipada para ambos os espectáculos xa está dispoñible no web entradas.abanca.com e no teléfono 902 434 443. Os días de función, o despacho de billetes do teatro estará aberto desde dúas horas antes do inicio da representación.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies