Nova etapa para O Club Camaleón da Biblioteca de Brión

0

Brión, 9 de outubro do 2018 – O Concello de Brión retoma un ano máis as actividades do Club Camaleón, unha actividade de animación á lectura da Biblioteca Municipal dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos de idade acompañados dun adulto.

A primeira das novidades do Club Camaleón vai ser a periodicidade da actividade, que pasa de mensual a semanal. A partir do día 20 de outubro e ata finais de ano, todos os sábados terá lugar unha sesión na biblioteca municipal. Unhas sesións que comezarán ás 12:00 horas e rematarán, aproximadamente, ás 13:15 horas na sala infantil da biblioteca.

A rapazada estará a cargo dun novo equipo de monitores/as que tratarán de achegar de forma lúdica aos máis pequenos ao mundo dos libros, potenciando a lectura colectiva e individual, así como a súa creatividade, organizando tamén obradoiros artísticos-creativos. As inscricións son totalmente de balde, polo que as persoas interesadas en participar xa poden tramitala persoalmente na biblioteca ou chamando ao teléfono 981 50 99 69 (luns-venres, de 16 a 22 horas; sábados de 9 a 14 horas).   

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial