O Club Ciclista Padronés Cortizo – Anova gaña nos campionatos galegos

0

Padrón, 21 de maio do 2018 – Os corredores do Club Ciclista Padronés Cortizo- Anova, Aser Estévez e Anxo Lorenzo, leváronse os títulos autonómicos de campións galegos de contrarreloxo e en ruta, respectivamente, disputados esta semana.

O xoves, Día dás Letras  Galegas, celebrouse en Cerceda o Campionato Galego de Contrarreloxo, onde Aser Estévez aspiraba a conseguir o seu undécimo título autonómico. E non defraudou. O guardés foi o máis rápido e revalidou o seu título acompañado no podio polos seus compañeiros Jesús  Nanclares (segundo na xeral) e Samuel Branco, terceiro na xeral e subcampión galego desta modalidade nun magnífico resultado para o Club Ciclista.

Aser Estevez Campión Galego contrarreloxo

O título de Campión Galego en Liña decidíase este domingo, en Culleredo, e o Cortizo- Anova saía de novo a por a vitoria. Jesús  Nanclares e Anxo Lorenzo foron escapados máis da metade da xornada conseguindo finalmente o obxectivo.  Nanclares proclamouse vencedor da proba, seguido de  Lorenzo, que se alzaba Campión Galego en Liña. O terceiro posto foi para Jorge Martín Montenegro, volvendo copar as cores do Cortizo- Anova o total do podio.

Anxo Lorenzo Campión Galego en ruta

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial