O Club Ciclista Padronés a piques de levarse a Volta ao Ribeiro Termal

0

Padrón, 18 de xuño do 2018 – O CC Padronés Cortizo-Anova quedouse as portas da vitoria pero levouse o segundo e terceiro posto na Volta ao Ribeiro Termal.

A conxunto padronés, moi presente en toda a xornada, destacou con Samuel Branco escapado en solitario durante o  ecuador da carreira e con Estévez e  Nanclares á cabeza cara ao final da proba. A vitoria escapóuselle a Aser Estévez ao saírse nunha curva cando conseguira unha pequena vantaxe sobre os seus compañeiros. Aínda así, os dous corredores do equipo conseguiron subirse ao podio en segunda e terceira posición respectivamente.

III Trofeo E. L.M.  Bembrive de Ciclismo Infantil

As categorías inferiores desprazáronse pola súa banda o sábado a  Bembrive para disputar o III Trofeo  Bembrive de Ciclismo Infantil. As mulleres do Cortizo-Anova destacaron nesta ocasión, coa vitoria de Laura Tenente en cadete e un meritorio terceiro posto para Elsa Montenegro en alevín.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial