O Club Ciclista Padronés participa na Volta a Tenerife e a Volta a Cantabria

0

Padrón, 30 de agosto do 2018 – Dous importantes retos para o Club Ciclista Padronés Cortizo – Anova na fin de semana, a Volta a Tenerife e a Volta  Cantabria.

LXIII edición da Volta Ciclista Illa de Tenerife

Sete corredores do equipo padronés desprazaranse para disputar a  LXVIII edición da Volta Ciclista Illa de Tenerife, a máis antiga de España. Os convocados son: Jorge Martin Montenegro, Jesús  Nanclares, Óscar Aranda, Marc Sánchez, Iván  Venter, Carlos  Cajaraville e Gonzalo  Cubino.  A proba disputase desde hoxe e ata o 2 de setembro en Tenerife e A  Gomera. Precisamente nesta edición a Volta recupera o percorrido por esta illa e a competición internacional. En total percorreranse 200 quilómetros, divididos en 4 etapas, no que se inclúen 3 metas volantes, 4 portos de montaña e 3  espríns especiais.

Volta ciclista a Cantabria Internacional 2018 – Gran Premio Goberno de Cantabria

O segundo reto ao que se enfrontará o Cortizo- Anova é a Volta a Cantabria, proba que se desenvolverá do 2 ao 4 de setembro e que constará de 3 etapas. Na rolda daranse cita 24 equipos, 21 nacionais, un francés, outro belga e a selección de Xapón.

Os convocados para a volta cántabra son: Raúl García de Mateos, Aser Estévez, Anxo Lorenzo, Samuel Branco, Isaac Maceiras, Anxo Fraga e Javier Pérez.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial