Club de lectura feminista Máis Violeta

0

Silleda, 4 de setembro do 2020 – O club de lectura feminista Máis Violeta de Silleda retoma a súa actividade adaptándose ás circunstancias actuais motivadas pola COVID-19.

Más Violeta está coordinado polo Centro de Información á Muller (CIM) de Silleda que depende do departamento municipal de Igualdade. O club volta con dúas modalidades: a presencial (na que se limita o número de persoas participantes a 10) e outra en liña.

Na modalidade presencial as sesións celebraranse na biblioteca municipal Daniel Castelao, cumprindo as medidas de prevención e seguridade, os venres ás 20:00 horas cada 15 días. A data de inicio será o vindeiro 2 de outubro.

Na modalidade virtual todas as persoas participantes compartirán as súas impresións sobre os libros cando o estimen necesario.

Os exemplares serán facilitados gratuitamente pola sección de Xénero da biblioteca e serán devoltos polas persoas participantes rematada a lectura mensual.

As persoas interesadas en participar nesta actividades, que subvenciona a Deputación de Pontevedra a través das actuacións para o fomento da Igualdade, poden inscribirse no CIM de Silleda (a través do mail cim@silleda.es ou chamando ao 986 592037) dende o vindeiro luns día 7 e ata o 21 de setembro.

Dadas as circunstancias actuais, a selección para a modalidade presencial realizarase seguindo a orde de inscrición; igualmente a actuación desenvolverase de xeito virtual e todas aquelas e aqueles que desexen poderán facer as súas aportacións.

Dende Máis Violeta lémbrase que o feminismo, insertado na literatura é un poderoso vehículo de reivindicación e cohesión. Con esta premisa arranca a segunda edición deste club de lectura, no que “se compartirán experiencias e contidos para tratar de mudar as cousas, constituíndo unha comunidade baseada na sonoridade e no feminismo”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial