займ срочно

Club del río este xoves nas Crechas

0

Compostela, 13 de marzo do 2019 – A banda Club del río presenta o seu novo disco, ‘Sustancia’, este xoves nas Crechas. A cita as nove da noite e con prezos de 8 e 10 euros.

Club del Río é unha banda inclasificable. A mestura de estilos é o habitual nos seus discos e se hai un denominador común nestas 13 novas cancións é que todas elas falan de superar dificultades, sobre vencer o veleno e levar a vida ao lugar que merece. Nel colaboran Faneka, Manuel Machado e Öve Larsson, Tomasito, Víctor Iniesta, Harry Haynes e Leopoldo Urrutia “El Cigüeña”, considerado o oitavo do Club.

Este disco é unha evolución natural e madura dos seus dos primeiros traballos.“Monzón” (2014, El Volcán Música), que fai xustiza ao nome: voces chamánicas, con ritmos naturais e percusións que caen como unha gran fervenza de sentimentos frescos. A este seguiulle ‘Un Sol Dentro’ (2016, El Volcán Música), cun son máis sólido (adherindo o uso de batería ao álbum), máis atrevido, abrindo novos camiños e novas vedas até agora non propostas ao público.

Club do Río son Esteban de Bergia, Álvaro Ayuso, Juan Serra, Juan Feo, Adriano Pezzi, Jacobo de la Viña e Álvaro Baños, sete amigos da infancia que comparten paixón pola música e a vida manexando unha boa variedade de instrumentos e alzando unha voz poderosa de expresión incontrolable.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies