займ срочно

Club Motociclista de Teo, preparando o mundial

0

reportaxe, club motocilista de Teo, foto do presidenteCasimiro García é o presidente do Club Motociclista Teo, no próximo mes de setembro serán os encargados de organizar unha proba do Mundial de Trial que traerá a bisbarra máis de 80 pilotos de todo o mundo. En esta reportaxe coñecemos o club e o que se lles ven enriba.

O trial de motociclismo é unha disciplina na que os pilotos deben superar obstáculos sen tocar o chan co corpo nin caer. As habilidades esenciais son o equilibrio e a planificación dos movementos para avanzar no percorrido.  O trial disputase en zonas naturais, polo que os obstáculos son pedras, madeiros de árbores, regueiros e barrancos.
O Club que preside Casimiro naceu no ano 2008 “naceu para participar nas probas do campionato galego, comezamos sendo un grupo de 5 pilotos e cunha masa social de 18 persoas. o crecemento levounos a formas parte da asemblea xeral da Federación galega de Motociclismo e a ter unha persoa na comisión de trial e un representante na asemblea de pilotos.  O club organiza na actualidade probas do campionato galego, do infantil de trial e de mostos clásicas, non so en Teo se non tamén e Carnota ou Rianxo”.

Este ano quixeron ir un paso máis alá e decidiron solicitar unha proba do campionato de España que disputouse o pasado mes de xuño cun éxito que demostrou a capacidade do Club como ente organizador de este tipo de eventos. Eses bos resultados son os que, sen pretendelo, levounos a organizar a proba mundialista

[columns]
[column size=”1/2″]

[/column]
[column size=”1/2″]“desde a Federación Galega puxéronse en contacto con nos o pasado 21 de xullo para explicarnos que a proba do Campionato do Mundo de Jeréz estaba a piques de ser cancelada e que existía a posibilidade de celebrala aquí. En Galicia a Federación pensaba en primeiro lugar en Baiona xa que o Club da localidade tiña no calendario por esas datas unha proba do campionato de España. Por problemas internos do concello ó coincidir as datas con outros eventos Baiona renunciou e déusenos  a  posibilidade xa que víñamos de deixar moi boa imaxe coa proba nacional”.[/column]
[/columns]

reportaxe, club motocilista de Teo, foto dos socios

Foto de grupo de membros do club

O Club vive un bo momento e a organización de este evento e unha oportunidade única “hoxe en día temos unha masa social de 150 persoas pero socios de cuota so 45; temos 17 pilotos no campionato galego e un no de España, e temos tamén un piloto de infantil; optamos a varios títulos nas distintas categorías como veu sucedendo os últimos anos. Nos gustaría que polo menos tiveramos algunha xente máis que axudara aínda que sabemos que teñen ocupacións e non se pode facer nada”.

O bo do trial e que o adestramento e a base “aquí non se compran evolucións de coches, evolucións de motos, aquí faino todo o adestramento. É un deporte de moito equilibrio e moita técnica, cando mellor esteas fisicamente mellor porque son probas de 4 e 5 horas. A idade mínima é de 6 anos pero por exemplo o máis maior que temo competindo está en torno aos 47 anos, así que calquera idade é boa”.

A cita en setembro, o 7 chegarán os primeiros pilotos que estarán toda a semana por terras da bisbarra e competirán a partir do venres 11 nas zonas que o Club está estes días habilitando.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies