Éxito da primeira Gala de Nadal do Club de Patinaxe Artística Brión

0

Brión 24 de Nadal do 2017 – O Club de Patinaxe Artística Brión celebrou a súa primeira Gala de Nadal na noite do pasado venres no polideportivo municipal. A gala contou cunha gran afluencia de público, e coa presenza do concelleiro de Deportes, Jesús Quintela Vázquez.

Nesta primeira celebración O Club de patinaxe Artística Brión contou coa participación de dúas patinadoras do Club Omega de Milladoiro, as irmás Alicia e Marta Lariño, e outras tantas do Club Galia de Ordes, Alba Diéguez e Lara Reboredo.

Completaron o programa desta gala as actuacións de once patinadoras na modalidade individual, así como dúas actuacións na de show, un baile realizado polo grupo de primaria do Club de Patinaxe Artística Brión e outro polo de secundaria, actuais campionas galegas de show de segunda categoría, así como un baile grupal de apertura de gala.

O grupo de iniciación puxo o punto do Nadal da tarde co seu particular “ Jingle Bells”.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies