займ срочно

Cobre San Rafael pide que non se informe aos denunciantes dos trámites contra a empresa

0

O Pino, 19 de setembro do 2018 – O Psoe de O Pino, a través do seu portavoz Óscar Vilar, denuncia que a empresa Cobre San Rafael solicita ao concello que non se informe aos denunciantes dos expedientes que se seguen contra ela.

 O Psoe de O PIno foi, xunto co BNG, un dos denunciantes polas sondaxes realizadas por Cobre San Rafael, empresa promotora do proxecto mineiro, sen permiso da administración. Estas denuncias deron como resultado un expediente de reposición da legalidade, trasladado polo concello á Axencia  de Protección da Legalidade Urbanística da Xunta de Galicia (APLU), que ven de recibir as alegacións da empresa. En estas alegacións a empresa considera que a comunicación do expediente aos denunciantes é un “trámite indebido” xa que según eles tería que ser sustanciado “dentro del propio concello”.

Óscar Vilar, portavoz socialista, considera estas alegacións inverosímiles e difíciles de crer, “a empresa promotora da Mina pretende que non se facilite a información do procedemento os denunciantes, pon en dúbida o material probatorio onde figura; un informe técnico, unha acta emitida pola Unidade da Policía Nacional adscrita á Xunta (Axentes Policía Autonómica), documentos gráficos e solicita que finalmente o Concello arquive o asunto sen máis. O máis axeitado sería que recoñeceran os feitos, pero parece que nos queren tomar o pelo pretendo que a Administración actúe de forma arbitraria”

O Psoe tamén lembra, que agora “a pelota está no tellado do equipo de Goberno de O Pino (PP)” e espera que tanto dende o Concello, como dende a APLU, se continúe co procedemento. E no caso, de que a lei así o estipule, se impoña a correspondente sanción.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies