займ срочно

Cobros irregulares nas peaxes da autovía con Lalín

0

Silleda, 9 de xaneiro do 2019 – Silleda pedirá explicacións, á concesionaria e a subdelegación do goberno, polo cobro de peaxes con tarifas superiores as autorizadas  na autovía que une o concello con Lalín.

O concelleiro lalinense Nicolás González mostraba nun vídeo, publicado no xornal Faro de Vigo, como na autovía Ap-53 cobrábanlle 3,60 euros onde correspondía 2,45. O concelleiro chegou a comprobar ata en seis ocasións esta irregularidade. Hai que indicar que co prezo real o tramo de autoestrada Silleda a Lalín é o máis alto de España por kilómetro.

O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña indicou que pedirán “as explicacións oportunas para poder aclarar o cobro do tramo entre Lalín e Silleda, xa que aínda por encima de levar anos reclamando a rebaixa das tarifas agora vemos con estupor como os usuarios se poden ver aínda máis agraviados co cobro anómalo que vimos de coñecer”.

Reacción das administracións

A publicación do vídeo provocaba reaccións inmediatas. O Ministerio de Fomento enviaba persoal de Demarcación de Carreteras a comprobar o funcionamento das peaxes. Tras a inspección extraordinaria o Ministerio instaba a empresa concesionaria a solucionar o problema de xeito urxente e atender as reclamacións xustificadas no momento no que se produzan.

A Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia tamén enviaba persoal para comprobar os feitos. A continuación remitía ao Secretario de Estado e ao Delegado do Goberno reclamando solucións inmediatas ao problema.

Desde a empresa vinculáronse os problemas a fallos técnicos nunha cámara. O lectura incorrecta provoca cálculos incorrectos nos percorridos e, en consecuencia, cobros erróneos. 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies