Coches clásicos este domingo en Melide

0

Melide, 24 de febreiro do 2018 – Melide será vila de parada dentro da VII Ruta do Cocido. A Escudería de coches Clásicos O Toxo de Lalín fará parada na súa ruta durante a mañá de este domingo.

A previsión é ás 11.30h da mañá comecen a chegar os primeiros coches que se instalarán na praza do Convento, e as rúas anexas: rúa Mateo Segade Bugueiro e rúa Ovedo. Estarán en Melide ata o mediodía, momento no que continuarán a súa ruta. A maiores de amosar os seu vehículos tamén teñen previsto visitar o mercado dominical, coincidindo co seu día grande, o último domingo de mes.

En total serán máis de 200 persoas e máis de 100 vehículos os que se dean cita en Melide para proseguir a Ruta do Cocido que facendo honra ao seu nome, rematará cunha comida de confraternidade na vila lalinense.

Dende o Concello de Melide brindouse todo tipo de colaboración para que esta actividade puidera levarse a cabo na vila xa que en palabras da alcaldesa Dalia García “ trátase dunha actividade que trae xente a Melide chegada dende outros puntos de Galicia, unha boa oportunidade para que merquen nos nosos locais e coñezan a nosa gastronomía así como tamén gocen de todo o que dende aquí lle podemos ofrecer”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial