займ срочно

Cogami e Working Wheels presentan en Silleda unha proposta para mellorar a accesibilidade

0

Silleda, 26 de decembro do 2018 –   Usuarios e técnicos do Centro de Recursos para persoas con Discapacidade de Cogami en Medelo e representantes do colectivo Working Wheels presentaron no Concello de Silleda un estudio con propostas para mellorar a accesibilidade nos espazos públicos das vilas de Silleda e da Bandeira.

O grupo foi recibido polo alcalde, Manuel Cuiña, e polo concelleiro de Urbanismo, Obras e Servizos, Klaus Brey, que agradeceron a realización “deste traballo que vemos perfectamente asumible e necesario”, indica. Cogami e Working Wheels, que xa participaron nas mesas de traballo para elaboraro o Plan de Mobilidade Sostible do municipio, explicaron as liñas xerais do traballo realizado, baixo o lema Por un municipio sen barreiras.

A adaptación das beirarrúas para o uso tanto de cadeira de rodas, como carriños de bebés, persoas con muletas…,  a eliminación de barreiras arquitectónicas e mellora de accesos a edificios, son algunhas das suxerencias recollidas na proposta, cunha detallada revisión dos dous cascos urbanos do municipio, que se presenta acompañada de sinaturas.

“É de agradecer o traballo minucioso que realizaron estes dous colectivos e que sen dúbida algunha redundarán nunha mellora da calidade de vida non só das persoas con mobilidade reducida senón de toda a poboación en xeral”, indica Cuiña, que explicou ao grupo as iniciativas levadas a cabo nos últimos anos en algúns puntos do municipio.

O entorno da Gandareira, un exemplo a seguir

Así mesmo, Cuiña tamén avanzou que as dúas próximas urbanizacións que acometerá o Concello de Silleda, no entorno da residencia de maiores e na rúa Chousa Nova, xunto ao centro de saúde, utilizarase un deseño cunha clara aposta polos peóns seguindo a liña da urbanización do entorno da Gandareira.

Cuiña tamén se comprometeu, ademais de revisar todos os puntos advertidos na proposta, a realizar un maior seguimento no tocante á accesibilidade de locais á hora de outorgar as licenzas.

“Ademais da visión dos técnicos é moi importante para nós a experiencia de persoas e colectivos coma o do centro de Cogami en Medelo e Working Wheels que traballan pola integración”, engade Cuiña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies