Cogumelos

0
Xosé Marcial Díaz Manso É enxeñeiro agrónomo, zootecnista e traballa no Instituto de Estudos do Territorio. Naceu en A Bola, Ourense. Vive en Ames desde fai 20 anos.

Xosé Marcial Díaz Manso
É enxeñeiro agrónomo, zootecnista e traballa no Instituto de Estudos do Territorio. Naceu en A Bola, Ourense. Vive en Ames desde fai 20 anos.

Ca chegada da luz e a choiva do outono os instintos espértanse e algúns nos votamos ó monte pois cheira a castaña, a noz, a mazá, a figo e a seta.

O outono é un tempo onde a natureza se volve máis sensual convidándonos a encontrarnos é a civilizamos nela. Uns empuxados polos xenes que hai pouco aínda araban as leiras, e outros na procura dun tempo máis calmo e sosegado que camiña cara o inverno. Saír dos nosos humanos asfaltos e refuxiarnos nas humanizadas leiras é un regalo, unha sutil terapia que nos achega a nos mesmos e nos fai mellores. Baixo esta mirada, o rural podería concibirse como un xardín, como unha metáfora da realidade onde natureza e home relaciónanse de forma harmónica. Un lugar onde quedar cos amigos para ser, para compartir camiño, merenda e conversa. O gran filósofo José Antonio Marina presume de terse dedicado profesionalmente ó cultivo das plantas, e di: _escritores de libros hay muchos, en cambio inventores de berzas muy pocos_.

Unha das moitas “externalidades” que emerxen na natureza neste tempo de cores son as setas. E con elas unha escusa perfecta para matalo bicho e saír ós prados a cazar estes singulares “vexetais” que aparecen e desaparecen sen previo aviso.

setas1_r

Pero onde hai vida hai conflito. Por iso, están aparecendo medidas reguladoras deste recurso como é o caso do decreto 50/2014, de 10 de abril,… que clasifica os aproveitamentos micolóxicos en tres categorías. A primeira é para o consumo propio (recollida de setas de calquera especie permitida hasta un máximo de 2 quilos por persoa e día). A segunda son os aproveitamentos comerciais (setas de calquera especie que exceda a cantidade de 2 quilos de peso por persoa e día …). E a terceira son os aproveitamentos con fins científicos ou didácticos. Os aproveitamentos para consumo propio e os con fins científicos e didácticos son libres, excepto que a persoa titular do monte regule o seu aproveitamento mediante un couto. A recollida de setas na modalidade de aproveitamento comercial está sometida a autorización explícita e por escrito da persoa propietaria do monte cando exista un instrumento de ordenación ou xestión forestal

A concepción do agricultor como gardián do territorio é un piar central na arquitectura da política agraria comunitaria, a PAC. O eleva á categoría de xestor do territorio nesta Unión Europea do século XXI que tanto precisa de sinerxías entre economía, medioambiente e territorio. Medidas como esta están contribuíndo a facer máis doada a difícil tarefa dos que viven no rural facendo máis sustentable o aproveitamento dos recursos, aportándolle valor económico e mellorando a calidade de vida das persoas que viven tanto das cidades como do rural.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies