Colaboración: Humanidade e humanos en extinción

0

Desde Atlanta en estados Unidos incorporamos como colaborador ocasional a Luis Bello. Xornalista de ampla experiencia traballou en medios como La Voz de Galicia ou a CNN, foi o primeiro galego en gañar un premio Emmy e desde hai uns anos dirixe ADC Producións que colabora coas principais marcas do mundo, Noies de nacemento é un firme defensor da cultura galega alá onde vai.

Atlanta GA. EEUU. Luís Bello

Os pronósticos máis pesimistas daqueles “hippies” dos 60-80 non só se están cumprindo. Confirmase e reconfirmase cós “ilusos” ecoloxistas premonitores do desastre foron excesivamente optimistas nas súas apocalípticas predicións.

Co camiño que levamos todo apunta a que irremediablemente estamos sendo espectadores da “nosa extinción”. Si, estamos acelerando dramaticamente a devastación do noso planeta coma nunca. Neste consciente suicidio colectivo seguramente somos testemuñas do momento máis desgarrado e doloroso na historia da humanidade.

Catástrofes na terra existiron sempre, o que nunca existiu con tanta forza é este consumismo global, inxusto e feroz co que para sustentar o noso estilo de vida temos que arruinar o planeta. Nacións Unidas lémbranos que “Todos os países están afectados polo quecemento global. Con todo, os impactos tenden a afectar de forma desproporcionada ós máis pobres e vulnerables, así coma ós que son menos responsables do problema”. Os cinco países que máis contaminan son por este orden China, EEUU, India, Rusia e Xapón.

É que estamos quentando a terra, cociñamos o planeta. Por iso hai cada vez máis incendios e menos glaciais. A madeira seca arde e estende o lume a gran velocidade e ás temperaturas son cada vez máis altas. Por isto se desconxelan os polos e sube o nivel do mar. É de puro sentido común non temos que ir a escola para entender algo así.

“Os desastres naturais desencadeados polo quecemento da terra ocasionaron una sobrecolledora pérdida de 290,000 millóns de euros no 2017. Nese mesmo ano, devastadoras inundacións acabaron coas vidas de máis de 1.200 persoas en Asia Meridional, mentres que ás comunidades do Caribe enfrontábanse a temporadas de furacáns sen precedentes e sen tempo para recuperarse” comparten expertos da ONU.

Repasando ás maiores barbaries e desastres da humanidade dende o principio dos tempos. Creo que non tivemos ningún momento no que se destruíra tanto e tantas vidas coma nos últimos anos. Nin ás Pestes Negras, os Nazis, El Ébola, os Conquistadores, o Cáncer ou os Aztecas ningún foi tan devastador coma o que estamos presenciando. Ni Genghis Khan un dos asasinos máis sanguentos da historia que masacrou a millóns dende China a Europa nos supera. Só nos últimos 10 anos entre guerras e desastres naturais batemos tódolos récords.

Lembro aqueles comentarios de finais dos oitenta: “Temos que protexer ás árbores, os mares, etc… para que os tataranetos da nosa xeración no futuro poidan bañarse en augas limpas, para que sigan admirando o Amazonas, para que respiren aire limpo…”. Ninguén pensaba que íamos a ser nós as testemuñas da “gran hecatombe”. 

Os expertos de Nacións Unidas son claros e categóricos “Limitar o quecemento global require de cambios rápidos, de gran alcance e sen precedentes en tódolos aspectos da sociedade”. Millóns coinciden e os datos son indiscutibles e contundentes. Ningunha mente racional cree que podamos vivir sen o mar ou bosques, inapelablemente estamos condenados a desaparición. Científicos de todo o mundo e sobre todo quen vive de e en contacto coa terra insisten en que o dano que estamos facendo ó planeta é case irreversible.

Medidas coma o uso unicamente de contedores reciclabes, castigar severamente a quen contamine deliberadamente ou a desaparición das enerxías contaminantes substituíndoas ó 100% por electricidade xerada polo vento, auga ou sol son solucións que xa se están aplicando con éxito nos países con mellor educación e que están máis avanzados tanto cultural como tecnolóxicamente. Falo de países coma Suecia onde según a Agencia Europea do Medio Ambiente no 2020 un 20% da súa enerxía provén de enerxías renovables ou Finlandia onde xa no 2012 o 34% da súa enerxía era limpa. Son moitos os países intelixentes tamén destacan os avances de Austria, Dinamarca e Portugal.

Neste atronador concerto da estupidez humana acumulamos barbaries coma a de destinar recursos a buscar vida noutros planetas en lugar de protexer a vida no noso. Ademais “A transición a una vía de crecemento sostible e con baixas emisións de carbono produce beneficios económicos directos de ata 23 billóns de euros ata 2030” lembra a ONU.

A estas alturas entre enaxenados, cínicos e ignorantes que venden a súa alma por cartos insistindo en negar a evidencia de cómo estamos destruíndo o planeta creo que a aniquilación total non a pode frear ninguén.

Pregúntome Cántas labazadas máis necesitamos para espertar en masa e cambiar radicalmente os nosos hábitos de destrución e consumo?  Esta é a única forma de evitar a aniquilación do noso fogar. De non ser así somos os últimos humanos no planeta. A humanidade sucumbe devorada pola su propia merda.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial