Os colexios de Calo e a Ramallosa, en Teo, seguen recibindo apoios nas súas reclamacións

0

Teo, 25 de marzo do 2018 – A Deputada do BNG Olalla Rodil e o portavoz local, Manuel Anxo Fernández, visitaron os colexios de Calo para mostrar o seu apoio as reclamacións da comunidade educativa e comprobar in situ os problemas.

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia ven de comprometer unha serie de investimentos para algúns dos centros educativos de Teo:

  • CEIP Calo – 85.000 euros para renovar os aseos do 2º e 3º e dotalo de escaleiras de evacuación.
  • CEIP Os Tilos – 25.000 para as escaleiras de evacuación.
  • IES Cacheiras – 20.000 euros para a inspección da instalación de baixa tensión e as caldeiras de gasóleo.
  • CEIP A Ramallosa – 500.000 euros para illamento de fachadas e cubertas, e a renovación de carpinterías e luminarias.

As tres primeiras obras vanse realizar este verán e as da Ramallosa o ano que vén.

Na visita aos colexios de Calo os representantes dos pais explicáronlle aos políticos nacionalistas a insuficiencia de estas medidas. Membros das directivas das ANPAS fixéronlle de guías e insistiron na preocupación que teñen pola presenza do amianto nas edificacións. Tamén explicaron as deficiencias en accesibilidade nos dous inmobles, que teñen planta baixa, primeiro e segundo andar sen ascensor ningún, e os problemas de filtracións con fachadas e ventás obsoletas que obrigan a un maior uso da calefacción.

Os pais mostraron aos responsables do BNG a falta de ximnasio e salón de actos, que obriga a que, cando hai festival polo Nadal ou en fin de curso, ocupar o comedor obrigando ao alumnado a comer bocadillo. A biblioteca, que foi a casa do conserxe, e pequena para dar servizo a 380 nen@s e a cociña e o comedor requiren renovarse a fondo.

Os políticos nacionalistas puideron comprobar o ruído intermitente que botan as máquinas da cociña e a penosa acústica do espazo. Que o colexio non conta con ningún acceso a cuberto da choiva igual que o alumnado cando se despraza a clase de educación física ao pavillón municipal da finca do lado. Semellantes circunstancias afectan ao cole da Ramallosa pois algunhas intervencións que se fixeron estes anos non foron do suficiente calado. A directiva da anpa A Rabadela entregoulle tamén a deputada e ao edil do BNG, como xa fixeran co conselleiro e demais autoridades de Educación, coas parlamentarias de En Marea e co resto de grupos municipais de SONdeTEO, PSdeG e PP, o informe de quince páxinas coa recompilación das deficiencias máis palpables.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies