O Coliseo Noela acolle o acto institucional do 850 aniversario da Carta Pobra de Noia

0

Noia, 8 de abril do 2018 – O Coliseo Noela acolle este luns o acto institucional de celebración do 850 aniversario da Carta Pobra de Noia, que marcará o inicio dun amplo programa de actividades para conmemorar o aniversario da fundación da vila.

Ás 12:30 horas terá lugar o acto institucional no Coliseo Noela, que estará presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e que contará coa presenza do subdelegado do Goberno, Jorge Atán; o delegado da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro; alcaldes e alcaldesas do partido xudicial de Noia (máis Rianxo); así como os ex-alcaldes de Noia e representantes das asociacións veciñais, culturais, deportivas e económicas da vila. “Quixemos reunir a todos os políticos, clubs deportivos, asociacións veciñais, asociacións empresariais… para que todos poidan asistir a un acto desta categoría”, explica José Pérez.

Un punto no que incidiu o alcalde noiés, quen agarda que “os veciños e veciñas de Noia sexan conscientes da relevancia que ten este acto e que participen nas distintas actividades que se van a desenvolver ao longo do ano”. Santiago Freire insistiu en que “a nosa intención é conseguir a participación dos nosos veciños e veciños pero tamén atraer a visitantes á nosa vila, para que este 850 aniversario teña tamén un retorno a nivel turístico e económico para a nosa vila”. De feito, o alcalde noiés aproveitou para anunciar a suspensión das actividades previstas para esta fin de semana debido ás malas condicións meteorolóxicas. Unha programación que será retomada en próximas datas, posiblemente no mes de maio.

Programación

O acto institucional no Coliseo Noela terá lugar ás 12:30 horas e contará coa participación do concelleiro de Cultura, José Pérez; do alcalde de Noia, Santiago Freire, e dos ex alcaldes da vila; do historiador Xerardo Agrafoxo, que fará un adianto da súa conferencia “A Carta Pobra de 1168” (que se poderá seguir ao completo este mesmo luns, ás 20:30 horas, no marco das Xornadas das Historia); e do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que pechará o acto.

Ás 13:30 horas, a comitiva trasladarase ata a Praza da Porta da Vila para a inauguración da escultura conmemorativa do 850 aniversario da fundación de Noia, elaborada polo artista local Alberto Rodríguez Louro. Un emprazamento que se xustifica en que “é a rúa das Cunchas, onde os peregrinos recollían a cunha e seguían camiño a Santiago”, explicou José Pérez, quen agradeceu ao Cabildo da Catedral de Santiago de Compostela a cesión do facsímile da Carta Pobra de Noia, que poderá contemplarse o luns 9 de abril no Coliseo Noela. Posteriormente, entre o 10 e o 21 de abril, o salón de plenos da Casa do Concello acollerá a exposición da Carta Pobra de Noia, que poderá ser visitada por todos os veciños e veciñas que o desexen.

A xornada pecharase no Coliseo Noela ás 20:30 horas coa primeira das cinco ponencias incluídas no programa das Xornadas da Historia. A charla correrá a cargo de Xerardo Agrafoxo e versará sobre “A Carta Pobra de 1168”. Estas xornadas continuarán durante toda a semana, no mesmo lugar e á mesma hora, e son de entrada libre e de balde. As ponencias son: “Noia e Compostela: historia de dous topònimos”, do historiador Clodio González Pérez (martes 10); “A orixe medieval do Portus Apóstoli”, do xeógrafo Pedro García Vidal (mércores 11); “Totum Bonum e o seu territorio”, da arqueóloga Manuela Pérez Mato (xoves 12); e “O periplo de Arnolfo”, a cargo da escola de danza Oitos dirixida por Verónica Martínez.

Paralelamente, entre o 9 e o 20 de abril, a sala de exposicións do Coliseo Noela acollerá a mostra “Noia prima. Totum Bonum”, de Domingo Filgueira Lado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial