займ срочно

Comeza a 15ª edición de Curtocircuíto con Ulrich Seidl e Martin Messier

0

Compostela, 29 de setembro do 2018 – A inauguración de Curtocircuito tera lugar a partir das 9 da noite nun acto no que Martin Messier creará sons empregando campos electromagnéticos no espectáculo FIELD e Pr.mvla dj set mesturará elementos da música tradicional galega e ferramentas da música electrónica exprimental.

Curtocircuito durará ata o próximo 7 de outubro. O festival aglutinará un total de 158 películas continuando coa súa procura de novas formas e linguaxes cinematográficas ao tempo que a programación inclúe seccións que xuntan o espírito vangardista co festivo e reforzan o vínculo do festival coa cidade.

A xornada comezará ás 10h00 con Narrativa e Linguaxe Cinematográfica, un obradoiro de cinema para profesorado de Secundaria e Bacharelato impartido por Jorge Canto en colaboración coa Escuela de Cinematografía y del Audiovisual de la Comunidad de Madrid (ECAM). Xa pola tarde, ás 18h30 proxectarase o filme PARADIES: Liebe, de Ulrich Seidl, cineasta ao que se lle dedicará unha retrospectiva e a continuación, a partir das 21h00, a Sala Capitol acollerá o espectáculo FIELD, de Martin Messier, no que o artista lle achegará ao público unha proposta na que interactúa con dous paneis de conectores facendo xurdir composicións de luz e son. Para rematar, Pr.mvla dj set, integrará elementos da música tradicional galega e ferramentas da música electrónica experimental.

Curtocircuíto é unha iniciativa do Concello de Santiago de Compostela, co apoio da Deputación da Coruña e da AGADIC. Tamén conta coa colaboración de Obra Social Abanca, a Santiago de Compostela Film Commission, a Área de Cultura da USC, o Instituto Camões , o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), a Academia Galega do Audiovisual (AGA), a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización (CREA), a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), o Cluster Audiovisual Galego (CLAG), a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), a Escuela de Cinematografía y del Audiovisual de la Comunidad de Madrid (ECAM), Radio Televisión Española (RTVE), CAMIRA, Gadis, Cafés Candelas, Martín Códax, Bodegas Lodeiros, Hyupersa Santiago, Cabreiroá, RC Service e La Melona.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies