Comeza  a campaña de Nadal dos comerciantes de Ordes

0

Ordes, 4 de decembro do 2018 – A Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES) xa ten lista a nova campaña que lanzará este Nadal, a cal se desenvolverá ata o 31 de decembro.

En total serán 5.000 € en premios, ademais de importantes descontos en multitude de produtos, os que regale ACORDES. Unha iniciativa coa que se quere aumentar o consumo local, evitando a fuga de gasto a outros puntos á par que se incentiva a imaxe de proximidade. Poderán participar clientes e clientas de máis de 18 anos que realicen algunha compra nalgún dos máis de setenta establecementos que compoñen a asociación.

No caso da promoción ‘Busca a túa estrela’ todos os comercios e negocios ofrecerán un produto cun importante desconto ou prezo mínimo. Será o mesmo durante toda a campaña a non ser que se esgoten as existencias, caso no que se seleccionará outro novo ata a data de finalización da promoción.

A segunda iniciativa consiste nas tarxetas ‘Rasca e Gaña’. Segundo a contía da compra, que como mínimo será de 10 euros, entregaranse de 1 a 8 boletos. En total poranse en circulación 9.170 dos cales 210 terán premio asegurado. Concretamente haberá 1 boleto dotado con  500 €, 3  con 200 €, 6 con 100 €, 20 con 50 €, 50 con 20 € e 130 con 10 €. As persoas agraciadas poderán trocar o seu premio nos locais asociados dende o 3 ata o 31 de xaneiro de 2019.

Lambetadas

Outra novidade para este ano é o reparto gratuíto de flocos de millo e nubes de azucre entre os nenos e nenas de ata 16 anos na véspera de Reis. Con cada compra superior a 10 € realizada durante os día 2, 3 e 4 de xaneiro entregarase un vale co que se poderán conseguir as lambetadas achegándose ata os soportais do Concello vello de 17 a 19 horas.

Un ano máis ACORDES conta coa colaboración do Concello de Ordes para a posta en marcha desta campaña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial