займ срочно

Comeza a pretempada para o Santiago Futsal

0

Compostela, 12 de agosto do 2018 – Nova etapa para o Santiago Futsal coa vista posta na volta a primeira división, un ascenso que comeza desde a preparación cunha boa pretempada coa que chegar en estado óptimo a competición oficial.

O Santiago Futsal xogará na pretempada 5 amigables alternando os encontros con dobres sesións de traballo. Os cinco encontros amigables disputaranse en terreo galego; o primeiro deles o vindeiro venres día 17 en Melide ante Prone Lugo  FS. Unha semana despois, o sábado día 25, desprazaranse a San Sadurniño para medirse ao  Cidade de Narón. O Santiago  Futsal repetirá como participante do prestixioso torneo de verán Burela Bonita os días 30 de Agosto e 1 de Setembro. Para pechar o calendario de amigables visitará a domicilio a un rival de Primeira División como é  Parrulo Ferrol  FS o sábado día 8 de Setembro.

Grandes oportunidades para o conxunto santiagués, que adestra Santi Valladares,  de probar a súa maquinaria antes de iniciar o campionato o próximo domingo 16 de Setembro ante  Bisontes Castelló  FS no Municipal de Santa Isabel.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies