займ срочно

Comeza a Semana Santa de Ordes

0

Ordes, 15 de abril do 2019 – Dentro da bisbarra de Compostela a de Ordes é unha Semana Santa con especial sona que comezou este domingo de ramos coa bendición e a procesión da borriquiña,

Na mañá do domingo cumpriuse coa tradición de abrir a Semana Santa coa bendición de ramos, acto que tivo lugar na mesma alameda. Alí concentrouse numeroso público co seu loureiro ou oliveira na man á espera de ser salpicado pola auga santa.

Antes a maioría dos veciños e veciñas xa participaran previamente na procesión da ‘borriquiña’. Tras a súa saída da igrexa de Santa María a imaxe  percorreu as rúas Entre parques, Recreo e Alfonso Senra para regresar ao templo onde tivo lugar a eucaristía.

Con estes actos a Cofradía da Nosa Señora das Dores inicia os actos litúrxicos oficiais correspondentes co seu programa de Semana Santa. O máis destacado é a procesión da Virxe da Soidade, que terá lugar ás 21 horas do Venres Santo. Tedes toda a programación aquí.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies