Comeza a sétima edición do Festival Atlántica

0

Compostela, 12 de marzo do 2019 – O Festival Atlántica comeza hoxe a súa sétima edición, que se vai desenvolver ata o vindeiro día 23 en 16 concellos de toda Galicia, Santiago de Compostela, Lalín, Teo e Brión dentro da bisbarra.

Vero Rilo

No VII Festival Atlántica están programadas máis de 90 funcións dirixidas a todos os públicos e nas que participarán unha trintena de artistas internacionais e nacionais.

Pep Bruno

Como salienta a súa directora, Soledad Felloza, trátase do “encontro de narración oral máis grande da Península Ibérica, un referente do mundo da lusofonía”. Seguindo a liña doutras edicións, Atlántica recunca con espectáculos para todos os públicos e en espazos diversos. Volverán as contadas en lingua de signos, para bebés e para os maiores, e tamén os paseos con contos. O festival vai estrear novos formatos, como os contos de orella a orella nas rúas, as contadas cos cans nos parques e tamén haberá tapas atlánticas nos bares e tabernas.

Laura Escuela

Un triplete para comezar

A primeira función de Atlántica 2019 vai ser, a partir das 18 horas, na Aula de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago. A narradora tinerfeña Laura Escuela levará ata alí as súas ‘Animaladas’, unha sesión de historias tradicionais e álbums ilustrados cos animais como protagonistas que estará acompañada por instrumentos musicais.

Á mesma hora na librería Follas Novas estará o contador Pep Bruno de Guadalaxara. O artista brindará unha sesión do seu espectáculo ‘Na miña mochila traio contos’, dirixido ao público familiar con entrada gratuíta ata completar aforo. Unha invitación a descubrir todas as historias que Bruno vai colleitando nas súas viaxes polo mundo e que constitúen unha auténtica festa da palabra dita.

A primeira xornada do Festival Atlántica rematará cunha función de ‘Por unha peseta’ da compañía galega Apatacón no local Borriquita de Belem (21 h, 6 euros, venda no local). Neste espectáculo conxunto de Vero Rilo e Paula Romero converxen voz narrada e cantada “para atopar canto vale unha peseta”. Historias de vida próximas e afastadas que se xuntan nunha peza para achegar a partes iguais o humor, a sensibilidade e a tenrura propias da nosa xente. ‘Por unha peseta’ é unha volta aos tempos dos nosos devanceiros, pero desde un punto de vista actual que respecta os seus saberes, tradicións, historias e retranca.

O Festival

Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocación de ser un encontro de voces e historias de perfil atlantista. O seu obxectivo é indagar nas raíces comúns das historias do océano, na procura da identidade cultural común do Atlántico e nas historias que se foron espallando polos camiños do mar. Toda a información relacionada co programa e cos artistas pódese consultar na web http://festivalatlantica.gal

AXENDA FESTIVAL ATLÁNTICA 2019 | SANTIAGO DE COMPOSTELA

(*= espectáculo de pagamento)

  • “Animaladas”. Laura Escuela (Tenerife)
    18.00 h| Aula de Pediatría Hospital Clínico| En castelán

    “Contar”. Pep Bruno (Guadalaxara)
    18.00 h| Librería Follas Novas| En castelán
    Público familiar
    *”Por unha peseta”. Apatacón (Vero Rilo e Paula Romero)
    21.00| Borriquita de Belem| En galego
    6 euros – venda no local
    Reservas: festivalatlantica@gmail.com

  • Master class para os alumnos do Curso de Narración Oral
    Yoshi Hioki (Xapón) e Maricuela (Teruel)
    18.00 h | Centro Xove da Almáciga
    *Gala Inaugural
    Con Leilía, María da Pontragha, Soledad Felloza, Celso F. Sanmartín, Quico Cadaval
    Dirección escénica de Quico Cadaval
    21.00 h | Teatro Principal | En galego
    Entradas: Abanca (14 euros+gastos) e billetería do Teatro Principal (14 euros)
  • “Cans, deporte, mocidade e cidade”. Iñaki Carretero e Vicente Martínez (Euskadi)
    11.00 h | IES Eduardo Pondal
    *“Cunqueiro en Compostela”. Miguel Vila (Galicia)
    18.30 h | En galego
    (Contos nas rúas e tabernas) 6 euros
    Inscrición: festivalatlantica@gmail.com | Prazas limitadas
    Novas voces da narración galega
    Cris de Caldas, Lorena Pinheiro, Esteban Yáñez, Lidia Luna e Dani Blanco
    21.00 h | Borriquita de Belem e Modus Vivendi | En galego
  • “A Bela Dormente”. Pepeperéz (Sevilla)-Banda Municipal de Música de SCQ (Galicia)
    10.00 h e 12.00 h | Auditorio de Galicia-Sala Mozart | Espectáculo concertado para escolas
    “Os contos do meu baúl”. Cris de Caldas (Galicia)
    10.00 h | CEE López Navalón
    “Cans, deporte, mocidade e cidade”. Iñaki Carretero e Vicente Martínez
    11.00 h | IES Rosalía de Castro
    “Romaría”. Raquel Queizás (Galicia)
    18.00 h | Centro Cívico de Meixonfrío | En galego
    Público familiar. Entrada libre e gratuíta
    “Animalada”. Laura Escuela (Tenerife)
    18.00 h | Centro Cívico de Vite | En castelán
    Público familiar| Entrada libre e gratuíta
    “Contos Populares de Xapón”. Yoshi Hioshi (Xapón)
    18.00 h | Centro Cívico de Fontiñas | En castelán
    Público familiar| Entrada libre e gratuíta

    “Os cans tamén contan”. Iñaki Carretero (Euskadi)
    18.00 h | Centro Cívico do Ensanche | En castelán
    Público familiar| Entrada libre e gratuíta
    “O coleccionista de palabras”. Pepeperéz (Sevilla)
    18.00 h | Centro Cívico da Pontepedriña | En castelán
    Público familiar| Entrada libre e gratuíta
    “Historias de don Guti”. José Luis Gutiérrez (Zamora)
    18.00 h | Centro Cívico de Vite | En castelán
    Encontro de grupos da terceira idade
    *“Morte en Compostela. Antigos recintos funerarios”. Carmela Sánchez Arines (Galicia)
    18.00 h | Saída | En galego
    (Contos nas rúas e cemiterios) 6 euros
    Inscrición: festivalatlantica@gmail.com
    Prazas limitadas| Entrada libre e gratuíta
    “Cun ollo aberto”. Ramiro Neira (Galicia)
    19.15 h | Centro Cívico de Conxo | En galego
    Público familiar| Entrada libre e gratuíta
    “Vai por elas”. Maricuela (Teruel)
    “Contar”. Celso Sanmartín (Galicia)
    21.00 h | Centro Xove da Almáciga | En castelán e galego
    Público adulto| Entrada libre e gratuíta

  • “Historias que atopei nos libros”. Iñaki Carretero (Euskadi)
    12.00 h | Biblioteca Ánxel Casal | En castelán
    Público familiar| Entrada libre e gratuíta
    “Chove”. Fátima Villamel (Galicia)
    12.00 h | Museo do Pobo | Espectáculo en galego e lingua de signos
    Público familiar| Entrada libre e gratuíta
    “Vermú de contos”. Narradores do Festival polas rúas da Zona Vella
    12.00 h | Praza Cervantes e rúas da contorna | En castelán, galego e portugués
    Público familiar| Entrada libre e gratuíta
    “En Compostela, os cans tamén contan”. Iñaki Carretero e Vicente Martínez (Euskadi)
    17.00 h | Parque Eugenio Granell | En castelán
    Público familiar, cos cans | Entrada libre e gratuíta
    “Bebecontos”. Laura Escuela (Tenerife)
    18.00 h | Centro Cívico de Santa Marta | En castelán
    Para bebés de 1 a 3 anos | Entrada con invitación gratuíta a retirar a partir do 6 de marzo no propio centro
    “A Bela Dormente”. Pepepérez (Sevilla) e a Banda Municipal de Música de SCQ (Galicia)
    18.00 h |Teatro Principal | En castelán
    Público familiar | Entrada libre e gratuíta

    *Gala de Clausura
    “Vellos contos de novo”. Pep Bruno (Guadalaxara)
    “Contos das mulleres do Oeste”. José Luis Guti (Zamora)
    21.00 h |Teatro Principal | En castelán
    Entradas: Abanca (10 euros+gastos) e billetería do Teatro Principal (10 euros)

  • “En Compostela, os cans tamén contan”. Iñaki Carretero e Vicente Martínez (Euskadi)
    11.00 h | Parque Eugenio Granell | En castelán
    Público familiar, cos cans.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial