займ срочно

Santiago(é)Tapas une

0

Compostela, 16 de novembro do 2018 – Unha nutrida representación do concello, da Asociación de Hostalería, de Turismo de Santiago, xornalistas e amigos abriron o Santiago é Tapas no gastro bar Artesana de Álvaro Pérez gañador da edición 2018.

Unha vez máis quedou demostrado que o Santiago é Tapas serve para pasar bos momentos e, pese a ter pleno pola tarde, os concelleiros riron e disfrutaron da presentación do certame. En esta edición Álvaro xoga aos equívocos con dúas tapas que non son o que parecen tal é como nos contaba

Todos os presentes ficaron sorprendidos e por iso mesmo non desvelaremos o que levan estas dúas tapas para que o lector se anime a descubrilo.

Moito por probar e unha gran final

Santiago(é)Tapas celebra a súa undécima edición con 68 locais participantes, que presentarán 101 tapas a concurso ata o 2 de decembro.

Esta nova edición do concurso de tapas de Santiago, coorganizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela, conta con importantes novidades, entre as que destaca que terá por primeira vez unha gran final, na que participarán 10 tapas finalistas.

Capuchino

A gran final de Santiago(é)Tapas nace co obxectivo de darlle ao público a posibilidade de probar e valorar as tapas que o xurado considera as dez mellores do evento. Ademais, dende o punto de vista turístico, a final do concurso pode promocionarse coma un evento en si mesmo, con capacidade para a atraer a público foráneo aproveitando a ponte que terá lugar nesas

datas. A organización comunicará públicamente o día 3 de decembro o listado destas dez tapas, escollidas por un xurado profesional. A gran final celebrarase do 7 ao 9 decembro. Os establecementos con tapas finalistas teñen a obriga de ofrecer durante estes tres días a súa tapa ao público. A elección das tapas gañadoras entre as finalistas farase unindo a valoración do xurado profesional e o voto popular emitido durante os tres días da final.

Outra das novidades importantes da edición deste ano é unha nova distribución dos premios do concurso. Haberá un Primeiro Premio Santiago(é)tapas, dotado con 1.000 euros, un Segundo Premio Santiago(é)tapas, dotado con 500 euros, e un Terceiro Premio Santiago(é)tapas, dotado con 500 euros en produto. Ademais, este ano o público premiará directamente cos seus votos emitidos entre o 15 de novembro e o 2 de decembro a dúas tapas. A Primeira Tapa do Público recibirá 700 euros euros e a segunda, 300 euros.

Croquetas

A maiores, este ano modifícase o premio PREMIO(É)TAPAS+ co obxecto de dinamizar o concurso a través das redes sociais. O premio estará aberto por primeira vez a calquera persoa ou colectivo que difunda o concurso a través das seguintes redes sociais: Facebook e Instagram. Este premio está dotado con 700 euros.

Finalmente, outra das novidades principais da edición deste ano é que se lle da liberdade aos locais participantes a que fixen o prezo das súas tapas a concurso, cun mínimo de 1,5 euros e un máximo de 3,5. Todas as tapas deben incluír polo menos 1 produto pertencente a algunha das Denominacións de Orixe ou Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia.

Por cuarta edición consecutiva, Santiago(é)Tapas está organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Ademaís, Santiago(é)tapas conta con Mahou como patrocinador principal e co patrocinio xa tradicional de Cash Récord e Coca Cola. Conta ademais coa colaboración institucional da Deputación de A Coruña.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies