займ срочно

Comeza a XXIII Festa da Troita en Oroso

0

Oroso, 10 de maio do 2019 –  O Concello de Oroso celebra ata o domingo a XXIII Festa da Troita cunha previsión de asistencia de 30.000 persoas ata o núcleo de Sigüeiro.

No amplo programa deste ano da Festa da Troita hai espazo para as orquestras, os bailes, os espectáculos de maxia, obradoiros infantís e charangas. Todo comezará esta noite co festival Oroso en Vivo, no que actuarán as orquestras Panorama e Ibiza.

Como non podía ser doutra maneira, haberá tamén as tradicionais degustacións de troita, coa colaboración dos establecementos de hostalaría de Oroso, e o xantar popular do domingo 12 de maio, na carpa da alameda de Góis. O pregón correrá a cargo do reitor da USC, Antonio López.

“Cúmprense ademais dez anos desde que a nosa gran cita para a gastronomía e a diversión foi declarada Festa de Interese Turístico”, lembra o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.

Haberá tamén os tradicionais campionatos de pesca e a actuación de Barafunda, un grupo de animación que representará a troita e ós pescadores polas rúas de Sigüeiro.

Toda a información no seguinte enlace

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies