Comeza en Brión a instalación de redes ultrarrápidas de acceso a Internet

0

Brión, 23 de xaneiro do 2019 – O alcalde de Brión, José Luís García, celebra a confirmación do despregamento de redes ultrarrápidas de acceso a Internet en catro parroquias do municipio: Brión, Boullón, Os Ánxeles e Viceso.

A instalación de estas redes ultrarrápidas chegan no marco do  Programa de Extensión da Banda Larga de Nova Xeración, da Administración Xeral do Estado, e a través a través do Plan de Banda Larga 2020, da Xunta de Galicia.

García explica que “pola súa orografía, Brión sempre foi un lugar complicado para o despregamento de redes ultrarrápidas de acceso a Internet, polo que celebramos que catro das nosas parroquias fosen escollidas como beneficiarias destes plans”. Así mesmo adianta que “estaremos atentos ás convocatorias que este ano realice o Estado para poder continuar co despregamento destas redes noutras aldeas de Brión”.

Aldeas beneficiarias

Así, o Goberno do Estado ten previsto realizar actuacións para permitir servizos de acceso ultrarrápido a Internet nas aldeas de Cabanas e Gontade (Os Ánxeles) e Brans de Abaixo, Brans de Arriba, Brión de Arriba, Cabreiros, O Casal, O Enxo, Gronzo, Lamiño, Liñares, Pedrouzos e Quintáns (Brión). Ademais, o pasado mes de novembro a Administración Xeral do Estado ampliou estas subvencións do Programa de Extensión de Banda Larga de Nova Xeración, sendo tamén beneficiada a aldea de Tembra, na parroquia de Boullón.

Unhas actuacións que se complementarán co acceso dos veciños e veciñas de Mourentáns (Viceso) a redes ultrarrápidas de acceso a Internet de máis de 100 Mbps simétricos mediante fibra óptica, que será desenvolto por Telefónica de España ao abeiro dunha subvención concedida pola Xunta de Galicia e cofinanciada polo FEADER.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial