займ срочно

Comeza a funcionar o punto de reciclaxe Oroso Verde

0

Oroso, 4 de xaneiro do 2018 – O Concello de Oroso vén de poñer en funcionamento o punto de reciclaxe Oroso Verde, construído pola administración local no polígono industrial Oroso Pequeno.

Oroso verde é unha instalación que, logo da colocación dunha compostadora industrial, “supuxo un investimento próximo aos 250.000 euros que permitirá que Oroso sexa un municipio cada vez máis limpo e sostible medioambientalmente”, explica o alcalde, Manuel Mirás.

O punto de reciclaxe estará aberto durante 24 horas semanais. O horario de apertura será de 14:30 a 18:30 horas, de luns a venres, e de 10:00 a 14:00 horas os sábados. A apertura do punto de reciclaxe suporá tamén o peche do punto limpo provisional, instalado polo Concello de Oroso a carón do paseo do Carboeiro.

Quinta fracción, en 2018

Oroso verde está emprazado nunha parcela de 2.200 m2 na rúa de Trazo, no polígono empresarial Oroso Pequeno, onde ocupa unha superficie de 952,58 m2. Consta de catro contedores cunha capacidade de 20 m3 cada un e está construído de xeito modular, de xeito que permite futuras ampliacións no caso de que fosen precisas. De feito, Manuel Mirás adianta que “a finais de 2018 poremos en marcha a quinta fracción da instalación, para a recollida de materia orgánica, pero tanto nos restaurantes como nos comedores públicos nos colexios imos empezar xa a recoller a materia orgánica porque imos poñer en marcha a compostadora industrial que acabamos de adquirir e que está emprazada no propio punto de reciclaxe”.

Na instalación aberta poden depositarse diversos residuos para a súa clasificación, separación e posterior reciclaxe: pilas, disolventes, electrodomésticos, aerosois, baterías, produtos de informática… nos catro contedores dispostos nas instalacións: papel e cartón, vidro, envases e téxtil. O Concello de Oroso habilitou tamén un lugar especial para a recollida de plásticos agrícolas e entullos de obra, de uso exclusivo para particulares. O quinto contedor, obrigatorio a partir de 2020, instalarase a finais de 2018.

Recollida de voluminosos

Ademais de xestionar o punto de reciclaxe Oroso Verde, a empresa Servicios Obras y Limpiezas SA prestará tamén os servizos de recollida e compra de papel-cartón (máis de 81.000 toneladas en 2016), así como o de recollida de enseres e voluminosos no municipio orosán, servizo que prestarán cando menos unha vez ao mes previa petición dos particulares.

 O Concello de Oroso tomou a decisión de acometer en solitario a construción deste punto de reciclaxe para poder así prestar estes servizos aos seus veciños e veciñas nas mellores condicións posibles. Uns servizos que levaba anos prestando de xeito provisional e sen ningún tipo de axuda procedente doutras Administracións nunha parcela habilitada polo propio Concello a carón do parque do Río Carboeiro. Un lugar que agora pechará as súas portas, logo da posta en marcha de Oroso Verde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies