Comeza o Festimaxia de Lousame

0

Lousame, 5 de novembro do 2018 –  Medio cento de persoas, na súa gran maioría nenos e nenas menores de dez anos, asistiron na Casa da Cultura á presentación da  terceira edición do Festimaxia de Lousame.

A alcaldesa, Teresa Villaverde, e o mago Charly Braun, que tamén ofreceu un resumo do seu espectáculo “La fábrica de sueños” foron os encargados de presentar o Festimaxia e adiantar a programación das próximas semanas.

Teresa Villaverde amosou a súa satisfacción por que “durante estes tres anos do festival, máis dun milleiro de persoas asistiron ás actuacións dos distintos magos. Queremos que disfrutedes da maxia, da ilusión e do humor, xa que cada mago é distinto e cada actuación é diferente”. Por iso, animou tamén ás persoas adultas a recuperar a ilusión e vivir a maxia como a viven estes nenos e nenas”.

Un punto no que coincidiu con Charly Braun, quen explicou que “hay muchos tipos de magos que nos dedicamos a distintas cosas. Está la magia de salón, la magia de cerca, con cartas, la magia infantil, la de aultos… hay muchos tipos de magia y en Lousame se podrá ver una completa selección durante este mes de noviembre”.

Programa

Teresa Villaverde salientou que “a novidade deste ano será unha actuación no CPI Cernadas de Castro, onde o Mago Teto ofrecerá unha charla sobre maxia e tamén uns talleres para que os nenos e nenas vexan que, con vontade, se pode conseguir calquera cousa na vida”. Unha actividade que terá lugar este mércores 7 de novembro, ás 12:30 horas.

As outras tres actuacións terán lugar os sábados de novembro, ás 18:00 horas, na casa da cultura “Santeiros de Chave” de Lousame. A entrada nos tres casos será libre e de balde, ata completar aforo. A primeira actuación terá lugar o sábado 10 de novembro: “Loca academia de magi”, do mago Charly Braun, quen adiantou hoxe que “recomiendo a todos asistir porque será muy divertido. Va a ser un sábado muy, muy loco”. O sábado 17 de novembro será a quenda para o mago Albert de Ribadavia, co seu espectáculo “O Buhonero”; mentres que Javier Muro pechará o III Festimaxia Lousame co seu espectáculo “Alucina” o sábado 24 de novembro.

Na súa actuación, Charly Braun, coñecido como “o mago andalú” ofreceu a súa interpretación persoal de “que foi o que pasou con Charlie na Fábrica de Chocolate, pois todos coñecemos a historia pero non sabemos que pasou 25 anos despois. Onde está Charlie? Seguen traballando os Umpa Lumpas? Ou seica sufriron un ERE?”. Unha divertida representación de media hora na que o mago interactuou con nenos e maiores con divertidos xogos de maxia e unha desaparición final na que se desprazou dende a Casa da Cultura ata o museo das minas de San Fins.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial