Comeza o prazo de inscrición no Santiago é tapas

0

Compostela, 10 de outubro do 2018 – O concurso de tapas de Compostela, Santiago é tapas ven de abrir o prazo de inscrición para participar na edición 2018.

As bases e a folla de inscrición poden consultarse na web do concurso, www.santiagoetapas.com. O prazo para inscribirse remata o día 19 de outubro. Santiago é tapas celebra este ano entre o 15 de novembro e o 2 de decembro a súa úndecima edición. Trátase xa dun evento consolidado na cidade, que ten por obxecto dinamizar o sector turístico durante a temporada baixa a través dun evento que pon en valor a diversidade da oferta gastronómica de Compostela.

Na edición do ano pasado, na que se celebrou o décimo aniversario do concurso, participaron 70 locais que ofertaron 101 tapas, repartidas entre seis rutas ou (é)tapas. O consumo situouse por riba das 34.000 tapas, cun crecemento do 10% respecto do ano anterior. No 2017 o gañador foi Álvaro Pérez, do cafe bar Artesana, que entrevistamos en Lindeiros.gal no mes de xullo, antes de que participara no De tapas por Galicia.

Por cuarta edición consecutiva, Santiago(é)Tapas está organizado de modo conxunto por Turismo de Santiago e a Asociación Hostalaría Compostela, nun modelo de coparticipación entre o Concello e o sector privado da cidade. Está confirmada a participación de Mahou como patrocinador principal e tamén o patrocinio xa tradicional de Cash Récord e Coca Cola. Conta ademais coa colaboración institucional da Deputación da Coruña.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial