Comeza o Rally Terra da Auga

0

Bisbarra, 24 de maio do 2019 – Unha das principais citas do campionato nacional de rallys de terra pasará ata o domingo por  Touro, O Pino, Boimorto e Boqueixón.

Son 84 equipos na terceira proba puntuable do novo Supercampeonato de España de Rallys, que integra carreiras en terra e asfalto. O Terra da Auga recibe a Xevi Pons e Pepe López empatados a puntos e tras obter unha vitoria cada una nas dúas primeiras citas.

Son os claros favoritos ao triunfo en Galicia, xunto a eles estarán Gorka Eizmendi, Javier Pardo, Álex Villanueva, Josep Basols, Yeray Lemes o Guillaume de Mevius, piloto belga que disputa actualmente o Mundial de Rallyes e que pon un toque internacional a proba.

UN terra da Auga que crece

Regina Castro, ademais de copilotar vehículos, é unha das cabezas visibles da organización. Explica que o rally crece grazas ao trabllo do equipo humano “sen amigos non vale a pena correr”, que son os amigos o que fai que o Terra da Auga creza

Este ano inclúen algo complicado de explicar, más complicado de facer pero que os coloca no máis avanzado tecnolóxicamente falando. Modificando un videoxogo de carreiras conseguen incorporar tramos idénticos aos do rally real. O seguinte paso é xestionar en tempo real a douscentos corredores que, desde as súas casas e co seu ordenador, correran os mesmos tramos que se corran na realidad. Serán catro tramos dos seis totais da proba e poderanse ver en directo no canal de youtube Veilside90

Damian, un dos responsables explica as dificultades de xogar en tempo real

Fran Fernández, director de carreira

Fran Fernández é o director de carreira, en el recae na maioría dos casos a responsabilidade de dirixir unha proba de este nivel

A maior complicación é sempre ter que facer unha intervención médica

Nunca está de máis insistir en que os espectadores respecten as instrucións dos comisarios pero Fran pon por diante a propia conciencia de cada un

A Proba

A proba arrincará coa celebración do  shakedown que comezará ás 14:30 horas, e a primeira  súper especial de algo máis de cinco quilómetros que ademais será utilizada como tramo de cualificación.

Xa mañá sábado, disputaranse un total de nove tramos máis, con catro secciones de dous tramos cada unha desde as 9:15 horas, e finalizando a proba cun tramo espectáculo dun quilómetro a partir das 19:03 horas que será retransmitido en directo pola Televisión de Galicia.

Toda a información para acudir a tedes na web do rally.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial