Comeza o Outono Cultural de Brión

0

Brión, 5 de outubro do 2017 – O Concello de Brión, en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e o programa Ler Conta Moito, vén de presentar o Outono cultural.

O Outono cultural inclúe once actividades culturais gratuítas e dirixidas a toda a cidadanía brionesa. O teatro, con ata seis representacións, volve ser o gran protagonista, seguido das actuacións musicais (3) e os tradicionais contacontos para celebrar o Día das Bibliotecas e o Magosto na Carballeira de Santa Minia, as dúas únicas actividades programadas que non terán lugar no auditorio do centro social polivalente.

O Outono cultural ten previstas cinco actividades para este mes de outubro. Así, abrirá o telón este mesmo venres 6 de outubro co espectáculo musical “Vaioviravai”, da compañía Oviravai 5. O 20 de outubro, uns vellos coñecidos do público brionés como son Odaiko Percusion Group volverán a Brión a presentar o seu novo traballo: “Invención”. Ambas actuacións terán lugar ás 19:00 horas e están dirixidas a un público familiar.

A biblioteca municipal acollerá o 24 de outubro, ás 18:00 horas, os “Contos de Outono” de Celtia Figueiras, que deste xeito completa as catro estacións de cara aos nenos e nenas de Brión. Na fin de semana do 27 e 28 de outubro terán lugar dúas actuacións de teatro: “A nena que quería navegar”, de Redrum Teatro (27 de outubro, ás 19:00 horas) e “Terapia de bar”, de O Aturuxo de Melpómene (28 de outubro, ás 20:30 horas).

Magosto

imaxe do magosto do ano pasado

A actividade máis salientable de novembro terá lugar o venres 24, co tradicional Magosto na Carballeira de Santa Minia. Un evento dirixido a un público familiar no que o Concello de Brión repartirá entre os asistentes castañas, chocolate e churros de balde. O 11 de novembro, ás 19:00 horas, o polivalente acollerá un espectáculo musical para toda a familia a cargo de Pirilampo Mini.

As sesións de teatro previstas para novembro terán lugar o 4 de novembro (Teatro Airiños, con “Romeo e Xulieta”) e o 18 de novembro (Cándido Pazó, con “Memorias das memorias dun neno labrego”). Finalmente,o 2 de decembro o grupo municipal de Teatro de Ames representará “O enmeigado. Traxedia en terras do Salnés” e o 16 de decembro Volta e dalle Teatro porá en escea “Dura-Lex”. As catro actuacións terán lugar ás 20:30 horas.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies