Comezan as obras para adaptar a rotonda das Galanas

0

Ames, 12 de febreiro do 2019 – Esta semana comezaron as obras para adaptar a rotonda das Galanas para permitir o xiro dos vehículos pesados e poidan acceder con facilidade a autoestrada AG-56.

A reforma da rotonda das Galanas depende do Ministerio de Fomento e enmárcase dentro dun serie de medidas para eliminar a circulación de vehículos pesados, con MMA maior a 30 toneladas, pola avenida de Rosalía de Castro, no Milladoiro. A semana pasada colocáronse na AG-56 e no corredor AC-522 as sinais que proporcionan información sobre a ruta alternativa de circulación para non atravesar O Milladoiro xa que dende o pasado 12 de decembro os vehículos pesados non poden circular pola avenida de Rosalía de Castro.

 En decembro o goberno municipal participou nunha xuntanza na sede da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, á que asistiron representantes do Ministerio de Fomento, da Xunta de Galicia, dos Concellos de Santiago de Compostela e de Teo, e da Dirección Xeral de Tráfico. Neste encontro acordouse colocar na autoestrada AG-56 e no corredor AC-522 as sinais que prohiben a circulación de vehículos pesados polo Milladoiro. Os únicos camións que poden circular pola avenida de Rosalía de Castro son os que se dirixan ao parque empresarial do Milladoiro e aos concesionarios situados no lugar de Reborido.

Adaptación da rotonda das Galanas

Outros dos acordos adoptados na xuntanza de decembro foi a adaptación da rotonda das Galanas, para permitir o xiro dos vehículos pesados e poidan acceder con solvencia a autoestrada AG-56. obras que comezaron a executarse onte. Nas próximas semanas está prevista unha nova xuntanza na sede da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, para valorar a repercusión das medidas adoptadas para desviar o tráfico pesado do centro do Milladoiro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial