Xornadas de Música Contemporánea en Compostela

0

Compostela, 10 de setembro do 2020 – Onte comezaron as Xornadas de Música Contemporánea impulsadas polo Concello, a USC e o Centro Galego de Arte Contemporánea.

As Xornadas de Música Contemporánea durarán ata o día 23 cunha proposta de media ducia de concertos e espectáculos que traen a Compostela as propostas máis innovadoras do panorama musical contemporáneo.

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, presentou o programa das Xornadas, acompañada do Deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto, o director do CGAC, Santiago Olmo, e a vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da USC, María del Mar Lorenzo Moledo. Tal como sinalou Rosón, trátase dun programa que se viu alterado no seu formato pola crise sanitaria actual, pero que mantén a calidade das propostas.

Xornadas de Música Contemporánea en CompostelaEste ano os eventos das Xornadas realizaranse unicamente no Auditorio de Galicia e o Teatro Principal, e serán un total de cinco concertos, un espectáculo de danza e unha exposición centrada en novas formas de notación musical, con pezas máis próximas ás artes visuais que ao concepto tradicional de partitura.
Nesta aposta pola cultura e produción de proximidade, as formacións musicais galegas cobran unha especial relevancia no programa. ONte mércores o TAC (Taller Atlántico Contemporáneo) inaugurou o ciclo nun concerto que se inscribe na celebración do seu décimo aniversario como grupo.

Hoxe  xoves, será a quenda de Suonosuono, unha formación de saxo e violoncello que presenta en ‘Shaping Sounds’ unha proposta que ten o movemento como un elemento central. O movemento é tamén o eixe da proposta de Kukai Dantza en ‘Erritu’, o resultado do seu encontro co coreógrafo Sharon Fridman e que nesta ocasión contará coa participación do Coro da Rá.
A semana próxima será o turno de Vertixe Sonora que, cun programa que vai desde Juan Hidalgo a Roberto Morán, oasando por Catherine Kontz e outros salientables compositores contemporáneos, darán un concerto previo á inauguración da mostra ‘Mirar o son’, comisariada por Ignacio Barcia e Iñaki Martínez Antelo. A exhibición reúne partituras non convencionais que, desde mediados do século XX, amosan novas maneiras de achegarse á notación musical nas que a parte visual colle protagonismo.
O xoves 17 a Banda Municipal de Música ofrece na praza de Praterías un percorrido pola tradición musical americana e europea de música de danza, no seu eixo común de transvase cultural e contemporaneidade. E será a Real Filharmonía de Galicia quen pecha as Xornadas o día 23 de setembro baixo a batuta de Maximino Zumalave cun programa que combina compositores galegos con obras da compositora polaca Grayna Bacewicz.

Xornadas de Música Contemporánea en Compostela

Imaxe de arquivo da Orquestra de Cámara Galega nunha das xornadas

As entradas para os concertos estarán dispoñibles en  www.compostelacultura.gal e no despacho de billetes do Teatro Principal (en horario de martes a sábado, máis os días de evento, de 18.00 a 21.00h.).
Medidas de seguridade sanitaria reforzadas
Nos últimos días actualizouse o protocolo de acceso a espectáculos para o Concello de Santiago. Así, seguindo a directrices da Consellería de Sanidade para Compostela, limitouse o aforo de teatros e auditorios a sesenta persoas.
Para acceder aos espectáculos, é obrigatorio o uso de máscara e a desinfección das mans, e seguir en todo momento as indicacións do persoal de sala. É posible ler o protocolo de acceso de espectáculos aquí: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/protocolo-de-acceso-espect%C3%A1culos

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial