Reunión da  Comisión de Seguridade viaria dos Camiños de Santiago

0

Bisbarra, 9 de febreiro do 2017 – A sede da Delegación do Goberno en Galicia acolleu esta unha nova reunión da Comisión de Seguridade Viaria nos Camiños de Santiago, constituída en xullo  de 2015 e presidida polo delegado do Goberno, Santiago Villanueva.

Unha comisión de carácter multidisciplinar na que actúan conxuntamente o Ministerio de Fomento e a Xunta de Galicia para a mellora dos puntos de cruzamento entre as estradas estatais e autonómicas e o Camiño de Santiago.

Nesta sesión e en cumprimento dos acordos adoptados na reunión constitutiva, deuse conta da situación dos distintos puntos de conflito achados nas catro provincias galegas. Así mesmo informouse da resolución dalgún deles (obras na travesía de Arcade en Soutomaior, Pontevedra) e doutros proxectos en fase de estudo ou redacción a fin de lograr unha adecuada seguridade viaria no Camiño de Santiago.

Previamente, en 2015 o Ministerio de Fomento realizou actuacións de reforzo e mellora da sinalización vertical nos puntos máis conflitivos de cruzamento de peregrinos no Camiño Francés tanto no Pino (A Coruña) como Palas de Rei (Lugo) na estrada N-547. Neste tramo, ademais limitouse a velocidade nos puntos de cruzamento do Camiño de Santiago, que, en época estival, é transitado diariamente por máis de 1.000 peregrinos, e implantáronse sinais con leds de advertencia de perigo polo cruzamento de peóns e peregrinos, reforzando así a sinalización preexistente.

Novos proxectos de Fomento

Ante a necesidade de lograr unha mellora global e definitiva nos puntos de confluencia e cruzamento do Camiño coa N-547, ademais da continuación das obras dos tramos restantes da autovía A-54 (Lugo-Santiago) entre Palas de Rei e Lavacolla, atópase en tramitación o proxecto para a construción de pasos inferiores e sendas en seis cruces de especial perigo polo gran número de peregrinos e as significativas intensidades de tráfico rodado na N-547, cinco deles no concello do Pino (A Coruña) e un en Palas de Rei (Lugo).

Outras actuacións destacables son, a remodelación da intersección de Faramello, en Rois (A Coruña), para a mellora da seguridade de condutores e peregrinos a través da transformación da intersección existente e da prolongación do carril de aceleración, así como a execución dunha senda peonil paralela protexida en ambas as marxes da N-550, que permitirá resolver a problemática existente nos 800m nos que o Camiño Portugués discorre a través da beiravía da N-550.

No Camiño da Prata ao seu paso pola localidade de Carballeda, en Piñor (Ourense), será reforzada a sinalización vertical no tramo en ambas as marxes coa implantación de sinais de advertencia.

Ademais o Ministerio de Fomento iniciará a redacción dun proxecto de mellora da seguridade viaria na entrada en Galicia do Camiño Portugués en Tui, adxacente á antiga Ponte Internacional na N-551, así como para a adecuación do valor patrimonial e cultural deste tramo, acceso ao centro histórico de Tui. Con iso mellorarase a seguridade viaria da intersección existente no entoo do antigo edificio de Aduanas.

Así mesmo atópase en redacción  o proxecto de seguridade viaria de construción dunha pasarela para o Camiño Portugués sobre o ramal de acceso á estrada N-550 desde a autovía A-52 no termo municipal de Mos.

Sinais verticais luminosos

Pola súa banda a Dirección Xeral de Tráfico instalou, en maio do ano pasado, 21 sinais verticais que avisan aos condutores da proximidade de peóns e ciclistas, e que se atopan reforzadas con iluminación led. No Camiño Francés na N-547 ao seu paso polas provincias da Coruña e Lugo ten activas 6 e 1 sinais respectivamente. Do mesmo xeito no Camiño Portugués a N-550 en Pontevedra e A Coruña teñen 7 e 1. Mentres, no Camiño do Norte, ruta da costa, a N-634 na provincia de Lugo ten en activo 6 destas instalacións.

Así mesmo a DXT repartiu uns trípticos informativos entre os concellos e Turismo nos albergues do Camiño de Santiago con recomendacións para peregrinos que realicen a ruta tanto a pé como en bicicleta. Entre as que destacan consellos básicos para a realización da ruta como o estudo do itinerario, a visibilidade co uso de elementos reflectores. Ademais inclúen consellos de seguridade referidos no caso dos ciclistas ao uso do casco, sinalizar as manobras, a circulación en fila dun ou columnas de dúas. Do mesmo xeito aos que realicen a ruta a pé recoméndaselles facelo polas sendas e camiños destinados a este propósito e lembra a importancia de estar atentos ao tráfico que circula pola zona de paso.

Pola súa banda a Agrupación de Tráfico da Garda Civil tamén realiza labores de seguridade e auxilio aos peregrinos, así como a repartición de chalecos e cubremochilas reflectores que permiten unha mellor visualización de peóns e ciclistas que transitan polas rutas do Camiño de Santiago

Sinalización e acondicionamento do camiño

 Na reunión, Turismo da Xunta de Galicia informou das diversas actuacións levadas a cabo nos Camiños e que contribúen á seguridade dos peregrinos.

 Así, Turismo de Galicia  destacou a finalización no pasado ano da obra de sinalización e melloras no Camiño Francés para a súa adaptación á delimitación oficial, coa creación de diversas sendas como a de Pedrafita que aparta aos peregrinos da estrada.

 Neste sentido, sinalou que neste ano 2017 continuará con estas actuacións de desenvolvemento e aplicación da nova normativa de sinalización no Camiño do Norte, Camiño Primitivo, Camiño Inglés e Ruta Fisterra-Muxía.

 Por outra banda, informou das intervencións realizadas para asegurar o acondicionamento do Camiño destacando accións como o convenio de colaboración coa Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés cunha liña de axuda económica nesta materia ou o contrato de servizo de roza e limpeza para o resto de Rutas Xacobeas de Galicia, estando actualmente en licitación un novo contrato para o mantenimento integral dos Camiños de Santiago en Galicia.

 Ademais, Turismo de Galicia levou a cabo obras de recuperación no Camiño Francés nos municipios do Pino, Samos, Portomarín, Palas de Rei, Melide, Arzúa e Paradela.

 Así mesmo, foron executadas obras de mellora do Camiño Primitivo nos municipios da Fonsagrada e Baleira, así como de pavimentación do núcleo da Canda, na entrada en Galicia da Vía da Prata.

 Para este ano 2017, Turismo de Galicia ten previsto ademais completar as obras de optimización do Monte do Gozo así como iniciar a tramitación das  obras de acondicionamento das entradas do Camiño a Santiago de Compostela a través dunha encomenda á Axencia de Infraestruturas da Xunta de Galicia.

 Tamén Turismo de Galicia continuou promovendo o pasado ano medidas de prevención e concienciación dos peregrinos en materia de seguridade viaria coa repartición de cubremochilas reflectoras.

Participantes

A reunión congregou a representantes das administracións e entidades vinculadas con este aspecto. En concreto, por parte da Administración Xeral do Estado, asistiron o subdelegado do Goberno na Coruña, Jorge Atán; o xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, Anxo González do Río; a xefa provincial de Tráfico da Coruña, María Vitoria Gómez e o xefe do Sector de Tráfico da Garda Civil de Galicia, Francisco Molano.

Por parte da Xunta de Galicia: a directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada polo xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Rafael Sánchez; o director da Axencia Galega de Infraestruturas, xunto con técnicos das deputacións da Coruña e Lugo, así como da Xunta de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial