O Premio Nacional de Fotografía, Manuel Vilariño, expón en Santiago

0

Compostela, 20 de febreiro do 2020 – A Igrexa da Universidade acolle até o 2 de abril a exposición Rizoma do Premio Nacional de Fotografía Manuel Vilariño.

A mostra de Manuel Vilariño funciona como un itinerario polos diferentes períodos creativos de este autor, desde os anos 80 ata a actualidade. Partindo do Mascato, que data desa década de actividade inicial, até outras moito máis recentes como Paisaxe con paxaro gris (2012). No percorrido aprécianse, ademais, as distintas técnicas usadas polo artista para a reprodución das fotografías, desde a xelatina de prata até o cibachrome.

O Premio Nacional de Fotografía, Manuel Vilariño, expón en SantiagoUnha proposta plástica necesaria

O Conselleiro de Cultura, Román Rodriguez, destacou que nos tempos actuais “relatos e propostas plásticas como as de Manuel Vilariño fannos conectar de novo co importante, ollar cara a fóra e apreciar as estreitas, pero tamén fráxiles, relacións que mantemos coa natureza”.

No acto tomaron parte, ademais do conselleiro, o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López; o artista, Manuel Vilariño; o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo; a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo,  e o comisario da mostra, José Luis Estévez.

A exposición poderá visitarse até o vindeiro 2 de abril na Igrexa da Universidade en horario de 16,30 a 19,30 h., de luns a xoves, e de 11,00 a 13,30 e de 16,30 a 19,30 h., o venres.   

O ‘rizoma’ de Deleuze e Guattari

Rizoma fai alusión ao interese de Vilariño polo concepto filosófico desenvolvido por Deleuze e Guattari, no que se establece que calquera elemento pode incidir na concepción dos elementos dunha determinada estrutura. Deste xeito calquera punto do rizoma pode conectarse con outro punto dunha estrutura, sen necesidade dunha conexión a través dun tallo ou raíz. O rizoma é unha unidade heteroxénea, en contraposición á lóxica binaria onde as relacións entre puntos sempre obedecen a unha orde intrínseca e a unha homoxeneidade.

A traxectoria creativa de Vilariño responde a esta filosofía onde os diferentes elementos establecen relacións entre si sen necesidade dun fío condutor que os conecte. Nas súas fotografías, o artista captura instantes cunha gran carga poética e que transmiten ao espectador emocións que van máis alá da súa aparencia. O seu dominio da técnica contribúe a ofrecer unha visión persoal dos diversos elementos da natureza que aparecen na súa obra.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial