A obra de José Ángel Valente nos Luns do Ateneo

1

Compostela, 18 de novembro do 2019 – O Director da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da USC, Claudio Rodriguez, imparte unha charla nos Luns do Ateneo sobre a obra de José Ángel Valente, doutor Honoris Causa pola Universidade compostelá.

A conferencia “Valente e a unidade das artes” terá lugar coma sempre  ás 20.00 na rúa do Vilar, 19. A charla está organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura. Valente manifesta a través da súa obra, exposta durante estes días no Pazo de Fonseca, a súa interdisciplinariedade e interculturalidade presentes na mesma e herdadas dos movementos vangardistas do século XX e do impresionismo pictórico do XXI. Ademais a poesía e, en maior medida, a obra ensaística de Valente reflicten una grande atención polas artes plásticas.

Claudio Rodríguez Fer é poeta, narrador e ensaísta. Estudou filoloxía en Compostela e na actualidade é catedrático en Lugo. É considerado pioneiro da poesía erótica galega dende que en 1979 publicou o seu primeiro libro, Poemas de amor sen morte e en 1981 obtivo o Premio Nacional da Crítica coa súa obra Tigres de ternura. En 1999 apadriñou a José Ángel Valente na súa investidura como doutor Honoris Causa na Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente, ademais de impartir clases en Lugo dirixe tamén a Cátedra da USC de Poesía e Estética, en honra a José Ángel Valente.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial