Compañía do Ruído, Pardo e o Kyekyeku no Feito a Man do sábado

0

Compostela, 5 de agosto do 2017 – Setenta e oito concertos e outras tantas bandas e/ou artistas volven encher as rúas e prazas da Cidade Vella compostelá. Continúa a décimo cuarta edición do Feito a Man, o festival de rúa organizado pola Asociación Cultural Cidade Vella que terá lugar do 3 ao 30 de agosto, con máis días de programación, máis concertos e máis artistas.

Hoxe sábado as 14.00 horas A Compañía do Ruído en Tras San Fiz de Solovio

‘A Compañía do Ruído’ é unha banda galega que nace no ano 2002. Con máis dunha década de historia ás súas costas, conta con seis discos no seu haber. Actualmente está traballando na consecución do proxecto musical “O Punchi must go on”. Música, baile, retranca, divertimento e ritmo son os eixes principais do espectáculo.

Destaca a súa musicalidade á hora de combinar a música, o baile, e a instrumentación tradicional galega cos distintos folklores do mundo. Unha recolleita de elementos de cada cultura, que nos transportará a unha viaxe musical irrepetible, partindo dende Galicia con paradas en Irlanda, África, a Península Balcánica, e o Centro e Sur de América, entre outros.

As 20.00h Kyekyeku na Vía Sacra

Tamén a Forbes Africa di del que “é o pequeno príncipe do Palwine”. A súa música tráenos o mellor do palmwine mesturado con highlife e o afrobeat. Agora está en plena xira europe

O día pechas as 22.00 con  PARDO na Praza de San Paio

Despois de formar parte de bandas como The Allnight Workers ou The Loveless Cousins, Néstor Pardo colga a guitarra eléctrica ao lombopara emprender o seu proxecto máis persoal, Pardo.

Baseado nas súas dispares influencias entre o early jazz, o folk americano, o blues e as músicas de raíz, decide rodearse de grandes músicos que lle acompañan na súa andaina co piano, a batería e o contrabaixo.

Co seu último disco “Siento no haber sido lo esperado”, Pardo volve deleitarnos con melodías coidadas, letras cheas de verdade e ritmos con sentimento, fan que este disco sexa o seu mellor traballo ata o momento.

Share.

Leave A Reply

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies