займ срочно

O ensino medio atopa un aliado na Universidade

0

Compostela, 7 de abril do 2020 – O ensino medio atopa un aliado dixital na USC. na Universidade de Santiago, que pon ao seu servizo o campus virtual para distintas actividades.

O portal https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais achega información dos títulos de grao da Universidade ao alumnado preuniversitario, ao que ofrece a posibilidade de participar en obradoiros, videoconferencias, chats, concursos e retos científicos ligados á vida universitaria

Estes  encontros virtuais permiten tamén amosar outra información de interese relativa a instalacións, equipamentos científicos e tecnolóxicos e demais servizos que a USC pon a disposición da comunidade universitaria en particular e do conxunto da sociedade, nun senso máis amplo.

Os estudantes interesados poden acceder libremente á bitácora virtual da Zona USC, concibida como unha canle de conexión na que as persoas usuarias atoparán, ademais da información dos títulos académicos, diverso material audiovisual complementario, a través do que poderán afondar de xeito didáctico no coñecemento do título ou títulos que resulten do seu interese, ademais de coñecer as posibilidades de I+D+i que abrangue cada itinerario ou opción formativa.

Un breve vídeo a cargo do reitor Antonio López sirve de saúdo de benvida á comunidade de participantes desta primeira edición dos encontros virtuais da USC,  unha iniciativa a través da que a institución académica sortea as limitacións de mobilidade derivadas do estado de alarma decretado por mor do coronavirus e dá continuidade ás actividades de información ao estudantado universitario que desenvolve a través do programa ‘A Ponte entre o Ensino Medio e a USC’, que coordina Celso Rodríguez.

Interactividade

Unha vez dentro deste espazo virtual, cada usuario terá ao seu alcance a oportunidade de participar en obradoiros, videoconferencias específicas para cada título, chats, concursos, foros con estudantes universitarios e retos científicos deseñados para orientar a súa aterraxe universitaria. O estudantado preuniversitario poderá facer uso destas prestacións a demanda, en función das quendas horarias establecidas polos docentes de cada titulación que teñen encomendada a tarefa de interactuar e dar resposta ás cuestións e consultas formuladas polos usuarios interesados .

A grella de títulos de grao ofertados pola USC para o próximo curso académico segue unha organización temática arredor das grandes áreas de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura, Ciencias, Arte e Humanidades, Ciencias da Saúde e Ciencias Sociais e Xurídicas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies