займ срочно

A Asociación Composcleta advirte do aumento de atropelos a peóns e ciclistas

0

Compostela, 5 de marzo do 2018 – A Asociación Composcleta ven de emitir un comunicado no que denuncia o rápido aumento do ” clima de acoso viario dos condutores dos coches aos peóns e ciclistas”.

Composcleta explica que, pese a que Compostela é unha cidade abarcable ao ter tan só 5 km. de diámetro, a mobilidade de peóns e ciclistas está cada día máis ameazada. A Asociación destaca os datos do 061 no ano 2017: o número de peóns e ciclistas atropelados por vehículos de xeito grave aumentou un 70% respecto á media dos tres anos anteriores no entorno de Compostela.

Para o colectivo estas cifras levan a unha conclusión, si o número de peóns e ciclistas non variou a outra explicación é que as rúas de Santiago son cada día máis perigosas. Composcleta destaca como principais problemas a velocidade dos coches que circulan habitualmente con velocidades superiores a permitida nas zonas con limitación de 30 km/h. O estacionamento de vehículos sen ningunha regra nas saídas e entradas dos colexios e no entorno do hospital clínico universitario.

Según a Asociación “a abafadora presión que o tráfico motorizado exerce sobre a cidade creceu cos investimentos nas vías de alta capacidade circundantes a cidade sen ningún plan ou criterio de xestión sostible da mobilidade. As ambulancias do 061 teñen que atender a 1.6 feridos por sinistro cada semana. De seguir esta taxa de crecemento dos sinistros, só en catro anos teremos un atropelo grave (morto ou ferido con asistencia hospitalaria) cada día”.

Composcleta denuncia a a ausencia de políticas reais de fomento da seguridade dos usuarios vulnerables das rúas (peóns e ciclistas) por parte da administración local, autonómica e central. Consideran “esperpéntico o divorcio existente entre os discursos institucionais a prol dunha suposta mobilidade sostible e a realidade das rúas e estradas do noso entorno. Nas actuacións e investimento nas rúas e estradas ignóranse por completo a necesaria circulación de peóns e ciclistas”.

Para a Asociación é necesario un cambio radical nas políticas da administración pública que defendan os principios da seguridade e o acceso universal a mobilidade das persoas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies