Feito a man entra na 3º semana cunha performance e The Peixes

0

Compostela, 12 de agosto do 2019 – O Feito a Man entra na terceira semana cunha performance que non deixará indiferente e co concerto dos coruñeses The Peixes.

As oito e media de esta tarde, na praza de Feixoo, comezará a performance “Ego sum” Casa Morada. En torno ao ego xira moito do que somos, é unha idea social coa que nos relacionamos co grupo; que sucede se arrancamos as etiquetas? se nos espimos?. Esa é a idea de esta performance, unha viaxe metafórica nese traballo emocional.

As dez da noite volve a música a Praza dos Gatos con The Peixes. Unha selección de versións do mellor de Red Hot Chili Peppers, Pearl Jam, Stone Temple Pilots, ou O’Funkillo entre outros.

The peixes

The peixes

Martes 13

Un martes e 13 é a xornada ideal para montar algo nun antigo cemiterio. A zona dos nichos de Bonaval incorpórase aos escenarios do Feito a Man con intención de quedarse.

A partir das sete e media teredes un pouco de todo. Las Bucles prometen teatro e comedia por medio dunha sesión de bruxería improvisada, que pode saír mal?.

Pablo Sax

A continuación o cuarteto de cordas Eco, formado por Miguel Ángel Dotto, Fernando Stern, Adrián de Rosa e David Bajdá, presentaran un repertorio creado para catro guitarras ao longo de doce anos de traxectoria.

O remate da noite chegará por conta de Pablo Sax e Estevo Creus. Unha mestura de palabra e música que definen como “unha construción a man para un lugar que non hai”.

Mércores 14

A festa comeza as 8 en San Martió Pinario cos Funkotes aos que seguirá o DJ Set e Voz La Fiesta Madre. Os Funkotes presentan un repertorio de funk, soul e R&B dos anos 60 e 70 de artistas como Marvin Gaye e Roy Ayers e tamén do panorama americano actual como Erykah Badu e Anderson Paa.

 

As dez da noite cambiamos de escenario para achegarnos ao Swing. David Regueiro tense convertido nos últimos anos nun dos guitarristas de gypsy jazz máis reputados da península. Chega co seu trío para converter a Quintana de Vivos nunha auténtica festa.

Funkotes

Xoves 15

World music para a noite do xoves na Praza de Cervantes. A partir das 9 da noite a cantautora Sofía Viola presentará parte do seu extenso repertorio. Con tan só 29 anos leva compostos máis de cen temas con ritos a cabalo entre o arrabal arxentino eo jazz.

Sofía Viola

A continuación La Rueda. Unha formación creada en Madrid con músicos colombianos e africanos. Unha sorte de batido feito con ritmos caribeños e africanos aos que engaden a electrónica dando como resultado un son único.

La Rueda

Venres 16

O venres Sofía Viola repite actuación na Vía Sacra a partir das 8 da tarde.

As dez, na rúa Xelmirez, tócalle animar a noite a Recambios Tucho. Estes rapaces chegan desde Ribeira pero teñen as costas moito escenario desde o 2009 cando naceron. O grupo foi fundado por Antonio Novo “Tuchiño”, guitarrista de Heredeiros da Crus, e o tamén guitarrista Antonio Paz ” Tucho Furón”. A eles uníronse o baterista Guillermo Costas, o baixísta Pablo Laranxo, e o vocalista David “Tama”. Versións clásicas do rock en jallejo e a celebración do décimo aniversario coa xira ” Des anos Retuchando”.

 

Recambios Tucho

Sábado 17

A semana no Feito a man remata os sábados. A rúa de Santo Agostiño, Ameas, acolle desde as oito aos mexicanos Lariferpol. Unha banda mexicana formada por Lari Ruíz Velasco, un dos guitarristas máis extraordinarios e versátiles do país americano; o baixista Fer Ruvel, cantante e compositor de renome internacional; e o baterista e percusionista Pablo Madrigal.

As dez trasladámonos a San Paio de Antealtares para escoitar aos Wavy Gravies. Con antecedentes en bandas como Los Hijos Bastardos de Peter Lorre ou The Allnicght Workers os irmáns Martín (Rufus el Guarro) e Jorge Lorre comezan con este grupo un novo proxecto coa idea de que os concertos sexan unha festa homenaxe ao rock and roll máis cañero, desde o surf ao punk.

 

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial