займ срочно

9 meses para reformar Concheiros

0

Compostela, 22 de setembro do 2020 – O concello de Santiago ven de adxudicar a reforma da rúa Concheiros que ten un prazo de execución de nove meses.

O investimento chega aos 2.170.000 euros e ven de ser aprobado na Xunta de Goberno Local de este luns. A obra de Concheiros ten unha especial complexidade xa que mentres dure os servizos para a cidadanía deben manterse. A previsión é que estea rematada en xullo do 2021. Ao custo da obra hai que engadir o da dirección facultativa das mesmas que supón 156.916 euros máis.

9 meses para reformar ConcheirosOs traballos da rúa Concheiros servirán de complemento aos que se levan a cabo na Avenida de Lugo por parte da Xunta de Galicia. Ambas as dúas suporán un cambio total na fisonomía da entrada en Compostela do Camiño Francés, o máis transitado de todas as rutas de peregrinación.

Outras decisións

Tamén no apartado de obras se adxudicou o proxecto de rehabilitación enerxética de inmobles de titularidade municipal, fundamentalmente centros socioculturais por un importe total de 404.314,48 euros (IVE engadido).

O alcalde tamén deu conta do rexeitamento do recurso de reposición presentado contra a concesión da licenza aprobada na sesión de data 15/06/2020 para a restauración da canteira no monte de Santa Mariña. A este respecto Sánchez Bugallo indicou que “o Concello só autoriza a recuperación, pero non a súa ampliación, nin que siga sacando pedra ou traballando” e anunciou que xa se deu conta á Fiscalía por incumprimento das ordes municipais. “Esperamos que se logre pechar, porque ten un enorme impacto nunha zona protexida e de valor paisaxístico”, engadiu.

Axudas “Coidar para mellorar”

A proposta da Alcaldía, aprobouse a resolución da convocatoria de axudas para a mellora e innovación do comercio local “Coidar para mellorar 2020”. En total outorgáronse 136 axudas por un importe global de 225.762,71 euros. Queda pendente a concesión doutras 10, por valor de arredor de 6.000 euros, á espera de que os solicitantes acheguen a información requirida. De seren incluidas nas liñas de subvención que demandaron, o importe total das axudas ascendería a 231.694,61 euros.

Estas subvencións divídense en tres liñas: unha primeira, centrada en investimentos para a adecuación dos locais, na que se concederon 54 axudas por importe de 116.124,2 euros; a segunda liña é para gastos de comunicación realizada en lingua galega, que suma un total de 23.040 euros para 25 solicitudes; e unha terceira liña, de gastos na adecuación dos negocios e servizos profesionais relacionados coa innovación ou coa recuperación económica, por importe de 92.530,41 euros, que se repartirán entre 47 solicitudes.

Así mesmo, deuse luz verde á sinatura de tres convenios de colaboración: con Médicos del Mundo por importe de 10.000 euros; con Cruz Roja Española, por 75.000 euros; e coa Fundación USC deportiva para as actividades de ocio e tempo libre verán Campusc 2020, por valor de 9.000 euros.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies