Compostela combina medidas de prevención con outras que faciliten a vida dos veciños

0

Compostela, 17 de marzo do 2020 – A Xunta de Goberno Local de Santiago segue implementando medidas pola crise do Coronavirus.

Unha das medidas máis drásticas ten que ver co transporte público xa que desde o xoves non se poderá pagar en efectivo. O alcalde Xosé Sánchez Bugallo explicaba que se habilitará unha oficina na estación de autobuses para facilitar a compra de tarxetas xa que será o único medio de pago.

A ORA suspende a rotación polo que os vehículos aparcados poderán todo o tempo necesario. Non se descarta que se elimine o cobro pero é algo que aínda se está valorando. Bugallo indicaba que a suspensión do servizo ou da grúa é algo que afectaría aos postos de traballo.

Alimentación

A preguntas de Lindeiros o alcalde explicaba que se debateu bastante a situación da praza de abastos. A decisión foi mantela aberta xa que é un servizo esencial.

Puxémonos en contacto con Marta Rey. a xerente do mercado, para saber que medidas tomarían para a compra xa que nos outros supermercados estase limitando a entrada de persoas. Rey confía no civismo da xente e non teñen nada especial previsto

O certo é que antes da 1 da tarde de este luns a praza estaba case baleira con moi poucos postos abertos.

Ao mesmo tempo desde o concello habilitouse o 010 para emerxencias de xeito que persoas que vivan soas, teñan problemas de mobilidade ou por distintos motivos non usen internet  poidan recibir axuda.

O concello está tamén en conversas coa empresa que xestiona os comedores escolares de cara a buscar xeitos de levar comida as casas que o precisen.

Sen fogar

Bugallo explicou ademais que están colaborando coa Cruz Vermella para dar unha solución as persoas sen fogar. Todas terán un sitio no que estar aínda que é certo que só un xuíz sería quen os puidera obrigar no caso de negarse.

A cociña económica ante a imposibilidade de controlar as visitas decidiu dar tapers coas tres comidas de xeito que os que as precisen as leven.

As reunións continúan es as medidas iranse implementando día a día polo que o seguiremos contando.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial