займ срочно

A Escena volve ao Norte

0

Compostela, 8 de setembro do 2020 – Camiño Escena Norte está de volta para unha segunda edición que pretende consolidar unha iniciativa pioneira de intercambio cultural e escénico entre Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi.

A programación de Camiño Escena Norte en Galicia terá lugar do 13 de setembro ao 11 de outubro con oito funcións e seis espectáculos chegados das outras autonomías que, asemade, poderán disfrutar de dúas obras galegas.

O ciclo foi presentado na Praza do Obradoiro coa presenza de Juan Rodríguez, presidente de Escena Galega, como promotora do proxecto; Diego Vázquez Meizoso, coordinador de Escena Norte (e xerente de Escena Galega); e Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), en representación da Xunta de Galicia, alén das compañías implicadas.

A Escena volve ao NorteO proxecto bota a andar o vindeiro 13 de setembro en Compostela para rematar tamén aqui o 11 de outubro. Mentres, a caravana Escena Norte pasará tamén por Mondoñedo (19 setembro), Lugo (20 setembro), Ribadeo (25 setembro), Sobrado dos Monxes (27 setembro), Vilalba (4 outubro) e Arzúa (10 outubro).

Son oito funcións e seis espectáculos: “Quitamiedos”, de Iñaki Rikarte (Kulunka Teatro, Euskadi); “Tal vez soñar”, de Sandro Cordero (Hilo Producciones, Cantabria); “La loka historia de Frankenstein”, de Pep Vila, Anacelia Álvarez y Roca Suárez (ACAR Teatro del Mundo, Asturias); “Amarillo caído del cielo”, de Juan Carlos Fernández Izquierdo (Ruído interno, Cantabria); “Celeste”, de Chantal Franco e Patricia Toral (Luz, Micro y Punto, Asturias); e “Basoa” (Dantzaz, Euskadi). [Todos de balde, ver condicións de acceso de cada espectáculo na web]

Mentres en Galicia poderemos ver estes espectáculos astures, cántabros e vascos, dúas compañías galegas amosarán as súas últimas producións nestes territorios: elas son La Macana, con “Pink Unicorns”, que poderá verse en Gijón, Villaviciosa, Torrelavega e Mutriku; e La Quintana Teatro, con “Desde lo invisible”, en Navia, Oviedo, Laredo e Castro Urdiales.

A Escena volve ao NorteO Camiño Expandido

Escena Norte achega actividades paralelas co nome de O Camiño Expandido, que inclúe unha exposición titulada “Ultreia. Que foi Camiño Escena Norte 2019?” do 14 ao 30 de setembro na Biblioteca Pública Ánxel Casal, e tamén encontros online coas compañías participantes, para profesionais e abertos ao público, ademais de actividades de mediación arredor dos espectáculos que se programan.

Toda a programación na web do ciclo

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies