A Viaxe, unha gastrohistoria real

0

Falar da gastronomía como dunha viaxe é unha imaxe recorrente. É posible que Santiago teña un dos pouco locais onde esa metáfora convértese en realidade.

A Viaxe é unha viaxe por un mundo de sabores que sorprende en cada bocado pero, ademais, é coñecer o resultado da viaxe persoal dos seus propietarios, Tomás e  Bianca.

Comezando de novo

Unha viaxe é sempre un comezo. No caso de Bianca é Tomás é iso pero tamén un final, Tomas cóntanos que despois de moitas voltas polo mundo decidiron afincarse en Compostela e tirar partido da experiencia acumulada

Outro tópico que se cumpre é o das voltas que da a vida. Tomás chegou co título de avogado a España e acabou estudando cociña en Lamas de Abade. Os locais nos que despois seguiuse formando son unha incrible referencia

Fronte a ridículas historias sobre o pernicioso da emigración, a historia persoal de  Tomás dános unha visión das vantaxes das sociedades multiculturáis en tódolos aspectos pero, en este caso, na gastronomía

O choque é nos dous sentidos. Tomás chegou aqui de madrugada e o primeiro que xe puxeron para comer foi algo que o impactou: cocido e caña

Santiago é Tapas 2018

A Viaxe fixo un ano en outubro pasado. Ao pouco de abrir, con moitas cousas aínda por colocar e acondicionar, decidiron participar no SantiagoéTapas 2018 para acabar sendo os gañadores. A participación supuxo para o local a perfecta tarxeta de visita para a cidade

A tapa coa que gañaron, Montadiño de tenreira con queixo Arzúa Ulloa, non foi mais que unha aproximación á fusión de cociña peruana, xaponesa e española que querían ofrecer. Foron os propios clientes os que pouco a pouco reclamaron que A Viaxe fora aínda máis lonxe

Este ano, no mesmo concurso, confirmaron ese bo facer acadando o segundo premio, no apartado de Tapa Tradicional, cun Mexillón viaxeiro.

Na actualidade, xunto a Tomás e Bianca, traballan Edgar, tamén de Perú, Javier, de Punta Umbría en Huelva e que tamén chegou a Santiago por amor, e Dahiana, de Paraguay e que leva vivindo 13 anos en Santiago. Un equipo único para un local único.

Unha Viaxe non se pode contar

Aínda que existe un xénero literario que son os libros de viaxes todos sabemos que unha viaxe non se pode contar. A percepción que o escritor ten é persoal e polo tanto subxectiva.

Na porta de A Viaxe, na Praza do Matadoiro de Compostela, hai unha maceta con tres tipos distintos de pementos. Cando vota froito vense tres colores distintos que indican tres graos de intensidade de picor. Iso antes de entrar.

A cociña que puidemos probar é unha viaxe que hai que facer. Falar dos sabores dos tiraditos, a leite de tigre, cebiche, min pau, ou porco chaarsiu é como intentar describir o que se sinte cando un se tira en paracaídas ou mergulla, non se pode.

O mellor xeito de describir a este local é o que eles mesmo elixiron como sobre nome “unha cociña de matices”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial