займ срочно

Críticas ao uso do glifosato nos xardíns de Compostela

0

Compostela, 19 de setembro do 2019 – O grupo municipal de Compostela Aberta ven de emitir un comunicado no que critica a recuperación do glifosato nos tratamentos aos xardíns da cidade.

A Asociación ecoloxista ADEGA denunciaba que Santiago recuperara o uso do glifosato nas zonas verdes da cidade. CA lembra que no 2015, ao acceder ao goberno municipal, prohibiran o uso de este produto despois de que a propia Organización Mundial da Saúde o clasificara como “probablemente canceríxena para os seres humanos”.

A prohibición realizada por Compostela Aberta no 2015 fora similar  a doutros concellos galegos como A Coruña, Ourense, Marín, Combarro, Ames ou Brión. Ademais, o Parlamento Europeo aprobou en 2017 a prohibición total dos herbicidas a base de glifosato a partir de decembro de 2022, con restricións inmediatas para a súa utilización.

CA pedirá explicacións ao Goberno no vindeiro pleno e preguntará se no prego técnico do novo servizo de limpeza viaria e recollida de residuos sólidos urbanos manterá a obriga de tratar as herbas adventicias con medios mecánicos, tal e como se contemplaba no borrador elaborado polo anterior goberno municipal.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies